Sofía Oriana Infante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sofía Oriana Infante
Nacemento1989
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupacióncompositora
editar datos en Wikidata ]

Sofía Oriana Infante Souto, nada en Santiago de Compostela en 1989, é unha compositora transmoderna galega, especializada na música para o cine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sofía Oriana Infante, comezou os seus estudos musicais aos oito anos no Conservatorio de Música de Xan Viaño, en Ferrol, onde escolleu a percusión como instrumento principal. No ano 2009 rematou o grao medio mais decide continuar estudos e marcha a Oviedo.[1] Alí estudou Composición no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner, onde se especializou na composición xeral e audiovisual. Asemade, iniciou os estudos de Maxisterio Musical na Universidade de Oviedo, e rematou as dúas titulacións no ano 2013. Proseguiu a súa formación cun máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo en 2014.

En 2015 trasladouse a Londres. Na capital británica cursou un mestrado en composición para o cinema e a televisión na Universidade Kingston de Londres, cunha distinción no seu proxecto final sobre a serie documental 14 actors acting, do New York Times ese mesmo ano.[2]

Na súa formación aprendeu de expertos coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria. Tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly.

A súa obra é moi diversa e variada, e vai desde o mundo audiovisual ata ó académico-contemporáneo. Precisamente a composición en variedade de disciplinas e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as súas liñas definidoras principais.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Composicións[2][editar | editar a fonte]

  • Octofonía (2019)
  • Os Cervos (2018)
  • Sou a Impostora (2018)
  • Translúcida memoria (2018)
  • Backwards Tape (2017)
  • Relative Time (2017)
  • Only Lights Inside (2016)
  • Mars (2015)
  • Panta Rhei (2015)
  • Se la están cepillando todos los días (2013)
  • Cuarteto de corda nº 1 (2010)
  • Telestai (2009)
  • O cazador de libros (2008)

Bandas sonoras[2][editar | editar a fonte]

  • Asco (2013) de Fernando G. Pliego.
  • Foto de Familia (2014) de Fernando G. Pliego.
  • Backwoods[3] (2016) de Liam Bellamy.
  • La Pelota[4] (2017) de Fernando G. Pliego.
  • Operation Freedom[5] (2018) de Kevin Ghee.
  • Elisa y Marcela[6] (2019) de Isabel Coixet.

Artículos[editar | editar a fonte]

  • "Tim Burton y la didáctica musivisual", en Publicaciones didácticas (2017).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gallego, Grupo El Correo. "Sofía Oriana Infante: En mis creaciones, me inspiro en otras manifestaciones del arte y en la sociedad" (en castelán). Consultado o 2018-03-10. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Asociación Galega de Compositores". www.asociaciongalegadecompositores.com. Consultado o 2018-03-10. 
  3. "Backwoods". Consultado o 2019-05-01. 
  4. "La pelota". Consultado o 2019-05-01. 
  5. "Operation: Freedom". Consultado o 2019-05-01. 
  6. "Elisa y Marcela". Consultado o 2019-05-01. 
  7. Infante Souto, Sofía Oriana (abril, 2017). "Tim Burton y la didáctica musivisual". Publicaciones didácticas: 162–186. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]