Lucille Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucille Ball

(1944) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lucille Désirée Ball Editar o valor em Wikidata
6 de agosto de 1911 Editar o valor em Wikidata
Jamestown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1989 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Cedars-Sinai Medical Center, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Aneurisma de aorta abdominal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLake View Cemetery (en) Traducir (2002–)
Forest Lawn Memorial Park (pt) Traducir (1989–2002) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaJamestown (pt) Traducir (1927–)
Celoron (en) Traducir
Wyandotte (pt) Traducir
Trenton
Anaconda (Montana) (pt) Traducir
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión , produtora de televisión , film studio executive (en) Traducir , humorista , actriz de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeGary Morton (1961–1989), morte da persoa
Desi Arnaz (pt) Traducir (1940–1960), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosDesi Arnaz junior (pt) Traducir
 () Desi Arnaz (pt) Traducir
Lucie Arnaz
 () Desi Arnaz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenry Ball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Desiree Hunt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFred Ball (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina weblucy-desi.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000840 Allocine: 1962 Rottentomatoes: celebrity/lucille_ball Allmovie: p3574 TCM: 8873 TV.com: people/lucille-ball IBDB: 30752
Musicbrainz: 939570c2-2083-4898-be1f-1d913781cf6d Songkick: 252576 Discogs: 1202074 WikiTree: Ball-3 Find a Grave: 7003071 Editar o valor em Wikidata

Lucille Désirée Ball, nada en Jamestown (Nova York) o 6 de agosto de 1911 e finada nos Ánxeles o 26 de abril de 1989, foi unha comedianta, actriz, modelo e produtora executiva estadounidense, célebre por protagonizar os programas I Love Lucy, The Lucy-Desi Comedy Hour, The Lucy Show, Here's Lucy e Life with Lucy. Foi unha das estrelas máis populares e influentes do seu país, cunha das carreiras máis longas de Hollywood,[1] especialmente na televisión, onde Ball comezou a actuar na década de 1930, converténdose en actriz de radio e estrela de filmes de serie B nos anos corenta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1929, comezou a traballar como modelo, e máis tarde comezou a súa carreira en Broadway co nome artístico de Dianne Belmont. Na década de 1930 apareceu en moitos papeis pequenos, grazas a un contrato con RKO Radio Pictures. Ball foi etiquetada como a "Raíñas dos bes", en referencia aos seus moitos papeis en filmes de serie B. En 1951, foi fundamental na creación da serie de televisión I Love Lucy. No programa tamén compartía créditos xunto co seu entón marido, Desi Arnaz como Ricky Ricardo e con Vivian Vance e William Frawley. O programa rematou en 1957, logo de 180 episodios.[2] Posteriormente fixéronse algúns axustes menores no formato do programa e cambiouse o nome da serie a The Lucy-Desi Comedy Hour, que se desenvolveu durante tres temporadas (1957-1960) e 13 episodios.[3] Ball chegou a protagonizar outras dúas series de televisión de éxito: The Lucy Show, que se transmitiu na CBS dende 1962 ata 1968 (156 episodios) e Here's Lucy dende 1968 ata 1974 (144 episodios). O seu último traballo nunha serie de televisión foi Life with Lucy en 1986, que fracasou tras emitir oito episodios, aínda que se produciron trece.

En 1953, en plena gravación da serie I Love Lucy, Ball viuse envolta nunha polémica ao atoparse baixo investigación do Comité de Actividades Antiestadounidenses da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América. O asunto procedía de anos anteriores, cando Ball se rexistrou para as eleccións de 1936 e definiu a súa afiliación ao Partido Comunista,[4] polo que en 1938, se empregou o mesmo rexistro.[5] O 4 de setembro de 1953, Ball reuniuse en privado en Hollywood co investigador do comité, William A. Wheeler, a quen lle deu un testemuño selado. Dixo que ela se inscribira para votar como comunista ou "intentou votar polo candidato do Partido Comunista» en 1936 por insistencia do seu avó socialista.[6] Afirmou que «en ningún momento tiven a intención de votar como un comunista».

J. Edgar Hoover, entón director do FBI, nomeou a «Lucy e Dezi» [sic] entre os seus «favoritos do mundo do espectáculo».[7] Inmediatamente antes da filmación do episodio 68 de I Love Lucy («The Girls Go Into Business»), Arnaz, en vez de facer o seu habitual quecemento coa audiencia, falou co público sobre Ball e o seu avó. Arnaz bromeou dicindo: "O único vermello que ten Lucy é o seu cabelo, e aínda este non é real". A continuación, presentou a súa dona e recibiu unha ovación do público.[8][9]

Ball recibiu 17 candidaturas aos Premios Emmy, das cales gañou catro.[10] En 1977, foi unha das primeiras gañadoras do premio Women in Film Crystal.[11] Tamén recibiu o Premio Cecil B. DeMille en 1979, o premio á traxectoria do Centro John F. Kennedy en 1986 e o Premio Gobernadores da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas en 1989.[12]

O 26 de abril de 1989, Ball faleceu dunha disección aórtica aos 77 anos.[13]

Vida privada[editar | editar a fonte]

En 1940, Ball coñeceu o cubano Desi Arnaz e casou con el. En 1951, deu a luz a súa primeira filla, Lucie Désirée Arnaz;[14] un ano e medio máis tarde, tivo o seu segundo fillo, Desiderio Alberto Arnaz IV, coñecido como Desi Arnaz, Jr.[15] Ball e Arnaz divorciáronse o 4 de maio de 1960. No momento da súa morte estaba casada co seu segundo marido e socio, o comediante Gary Morton, co que contraera matrimonio vinte e oito anos antes.[16]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lucille Ball" (en inglés). tv.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2008. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  2. I Love Lucy (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2011.
  3. The Lucy-Desi Comedy Hour (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2011.
  4. «Index to Register of Voters» Los Angeles City Precinct No. 1598, Os Ánxeles, California, 1936. Consultado o 28 de xuño de 2011.
  5. Suzann Campbell, «New California Voter Registrations Reveal Celebrity Party Lines Arquivado 09 de setembro de 2018 en Wayback Machine.» Ancestry.com. 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de xuño de 2011.
  6. Ball explicou: «Naqueles días facer iso non era unha gran cousa terrible. Era case tan terrible como un republicano nese entón». Testimonio de Lucille Désirée Ball Arnaz, 4 de setembro de 1953, Comité de Actividades Antiestadounidenses, Casa de Representantes, 83º Cong., 1º ses., «Investigation of Communist Activities in the Los Angeles Area— part 7», 4 de setembro de 1953 (Washington: Oficina de Impresión do Goberno dos Estados Unidos, 1953), p. 2571 (PDF p. 18).
  7. Flaherty, Vincent X. «Hoover Hits Crime Trends in Movies», Los Angeles Examiner, 23 de outubro de 1956, («Arquivo do FBI: Lucille Ball, parte 1»), PDF p. 32.
  8. "8/6 Lucille Ball - Classic Film Comedy" (en inglés). Classic Film Comedy. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  9. The Museum of Broadcast Communications. «Ball, Lucille Arquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.». Consultado o 28 de xuño de 2011.
  10. "Lucille Ball" (en inglés). punoftheday.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  11. "Past Recipients Crystal Award". Women In Film (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  12. "Lucille Ball" (en inglés). Kennedy Center. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  13. "Lucille Ball" (en inglés). Morbid Curiosity. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  14. "Lucille Ball" (en inglés). Hollywood.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  15. "Lucille Ball Timeline" (en inglés). twoop.com. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  16. Desilu: The Story of Lucille Ball (en inglés). Google Books. ISBN 9780688135140. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]