Rosario Álvarez de Sotomayor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María del Rosario Álvarez»)
Rosario Álvarez de Sotomayor
Nacemento1921
Lugar de nacementoLiáns
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
PaiFernando Álvarez de Sotomayor
editar datos en Wikidata ]

María del Rosario Álvarez de Sotomayor, nada en Liáns (Oleiros) en 1921, é unha pintora galega de óleos e acuarelas[1], autora entre outras da obra Oleiros de Buño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De cativa foi criada nun ambiente familiar de promoción das artes e da pintura, sendo filla do autor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor e a tamén pintora Pilar de Castro Gómez,[2] e partillando interese artístico coas súas irmás María del Pilar, María del Carmen e María Josefa, artistas igualmente.[3]

Fixo o seu debut na exposición conmemorativa do vinte e cinco aniversario da creación da Asociación de Artistas da Coruña do ano 1960. Nesa exposición presentou un cadro abocetado protagonizado por un neno campesiño. Posteriormente expuxo nas cidades de Londres, Pamplona e Pontevedra.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Índice de Artistas en todocoleccion - María Rosario Sotomayor". www.todocoleccion.net. Consultado o 2019-02-01. 
  2. "Pilar de Castro Gómez, esposa del pintor - Colección". Museo Nacional del Prado (en castelán). Consultado o 2019-02-01. 
  3. "Sotomayor en femenino plural". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-02-01. 
  4. Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]