Virginia Gutiérrez de Pineda
Virginia Gutiérrez de Pineda | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1921 |
Lugar de nacemento | Socorro |
Falecemento | 2 de setembro de 1999 |
Lugar de falecemento | Bogotá |
Nacionalidade | Colombia |
Alma máter | Universidade de California en Berkeley e National Pedagogic University |
Ocupación | antropóloga e socióloga |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Virginia Gutiérrez de Pineda, nada en El Socorro (Santander) o 4 de novembro de 1921 e finada en Bogotá o 2 de setembro de 1999, foi unha antropóloga colombiana pioneira nos traballos sobre familia no seu país e antropoloxía médica.[1] O 7 de decembro do 2016, o Banco da República inclúe o seu rostro na nova familia de billetes de 10 mil pesos homenaxeando o seu labor.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Educouse no Instituto Pedagóxico Nacional, na Escola Normal Superior e no Instituto Etnolóxico Nacional, entidade onde obtivo o seu grao de antropóloga en 1944. Viaxou a estudar na Universidade de California, en Berkeley, onde obtivo un máster en Antropoloxía Social e Médica (1953-1954). En 1962 culminou os seus estudos na Universidade Pedagóxica Nacional, doutorándose en Ciencias Sociais e Económicas. Foi elixida en 1967 como a muller do ano en Colombia, obtivo o premio Alejandro Ángel Escobar, a medalla Camilo Torres (1963), a medalla ó mérito do congreso interamericano de familia (1983), en dúas ocasións foi bolseira da fundación Guggenheim.[2] No 2015, en honra ós seus méritos o Banco da República escolleu a súa imaxe para aparecer no billete de $10.000 pesos que iniciou a súa circulación no ano 2016.[3]
Obras[editar | editar a fonte]
- Familia y cultura en Colombia, (1963)
- Causas culturales de la mortalidad infantil
- La medicina popular en Colombia
- Razones de un arraigo,(1961)
- Organización social en la Guajira
- La familia en Colombia: estudio antropológico, (1962).
- La medicina popular en Colombia: razones de su arraigo, (1964).
- Estructura, función y cambio de la familia en Colombia, (1976).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "VIRGINIA GUTIÉRREZ DE PINEDA (1921 - 1999)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Medellin Becerra, Jorge Alejandro; Fajardo Rivera, Diana. Gutierrez de Pineda, Virginia, Diccionario de Colombia (2005 edición). p. 474. ISBN 958-04-8561-5
- ↑ "Así serán los nuevos billetes que circularán en Colombia a partir de 2016".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biblioteca Virtual-Biblioteca Luis Ángel Arango Arquivado 17 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- Virajes Universidad de Caldas (en castelán)
- Credencial Historia, Biblioteca Virtual-Biblioteca Luis Ángel Arango Arquivado 11 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)