Obdulia Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Obdulia Díaz
 Ourense
Falecemento1985
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Obdulia Díaz, finada en 1985,[1] foi unha muller ourensá coñecida polo seu labor asistencial no barrio do casco vello de Ourense. Estímase que, ao longo de varias décadas, chegou a criar máis de douscentos nenos e nenas.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A chamada “Avoa Obdulia” vivía no casco vello de Ourense e asistía os nenos do barrio, normalmente fillos de prostitutas, acolléndoos na súa casa, lavándoos e dándolles de comer.[3] A señora Obdulia chegou a traballar de cociñeira para o gobernador en tempos da segunda república, pero tras quedar viúva e con tres fillos, o seu medio de vida era o oficio de lavandeira. Lavaba sabas por encargo na fonte das Burgas.[2]

Torre do Baño. Escultura
Torre do Baño na Praza Saco y Arce (Ourense)

En xaneiro de 2011 foi inaugurada en Ourense[4] unha estatua de Manuel Penín, titulada "Torre do Baño", na praza de Saco y Arce, como homenaxe a esta figura silenciosa da historia local.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noguerol, Jaime. "La camada de Obdulia". La Región (ed. dixital). Consultado o 10 marzo 2018. 
  2. 2,0 2,1 Huete, Cristina (29 xaneiro 2011). "Ourense descubre una heroína: La ciudad repara el olvido de la mujer que cuidó 200 hijos de prostitutas". Consultado o 10 marzo 2018. 
  3. Rivas, Chito. "Avoa e nai de nenos propios e alleos". La Region. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  4. Escultura Manuel Penín en Plaza Saco y Arce (Telemiño Ourense). 28 xaneiro 2011. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.