Saltar ao contido

Carmen Agulló Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Agulló Díaz

(2022, Guadassuar) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Mª del Carmen Agulló Díaz Editar o valor en Wikidata
18 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Xinzo de Limia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid
Universidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1125860 BUSC: agullo-diaz-ma-del-carmen-1957

María de Carmen Agulló Díaz, nada en Xinzo de Limia o 19 de febreiro de 1957, é unha profesora e historiadora galega.

É titular de Teoría e Historia da Educación na Universidade de Valencia.[1] Ademais de ser escritora de libros, é unha das investigadoras da historia da educación das mulleres, especialmente nos docentes e as docentes republicanas. É tamén moi recoñecida neste ámbito pola súa participación no documental dirixido en 2013 por Pilar Pérez Solano, Las Maestras de la República, gañador do premio Goya á mellor película documental o 2014.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos na Academia Santa Mariña de Xinzo de Limia. Cursou o Bacharelato no Colexio das Carmelitas de Ourense e no Instituto Nacional Feminino de Vigo. Cursou estudos de Pedagoxía e Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (primeira promoción do Colexio Universitario de Ourense) e a Licenciatura de Psicoloxía nas Universidades Complutense de Madrid e de Valencia. Froito destes estudos, é licenciada en Psicoloxía e en Filosofía e Ciencias da Educación, e doutora en Pedagoxía. Profesora titular do Departamento de Educación Comparada e Historia da Educación da Universitat de València. Imparte clase nas Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación e de Maxisterio, en Valencia e Ontinyent.