Juana Inés de la Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juana Inés de la Cruz
Sor Juana by Miguel Cabrera.png
Retrato de Sor Juana Inés de la Cruz. Miguel Cabrera, 1750
Nacemento12 de novembro de 1648 [1]
LugarSan Miguel Nepantla, México
Falecemento17 de abril de 1695  (46 anos)
LugarCidade de México, México
Causapeste
SoterradoMéxico e Cidade de México
NacionalidadeNueva España e México
RelixiónCatólica
OcupaciónPoeta, monxa, escritora, matemática, filósofa, compositora e dramaturga
MovementoBarroco
XénerosPoesía, teatro
Coñecido/a porLos empeños de una casa, El divino narciso, Primero sueño, Neptuno alegórico e Respuesta a Sor Filotea de la Cruz
Firma de Juana Inés de la Cruz.jpg
editar datos en Wikidata ]

Juana Inés de Asbaje y Ramírez de Santillana, máis coñecida como sor Juana Inés de la Cruz, nada en San Miguel Nepantla o 12 de novembro de 1648[1] e finada na Cidade de México o 17 de abril de 1695, foi unha relixiosa da Orde de San Xerónimo e escritora novohispana, expoñente do Século de Ouro da literatura en español. Cultivou a lírica, o auto sacramental e o teatro, así como a prosa. De moi nova aprendeu a ler e a escribir. Pertenceu á corte de Antonio de Toledo y Salazar, marqués de Mancera e 25.º vicerrei de Nova España. En 1669, por anhelo de coñecemento, ingresou na vida monástica. Os seus máis importantes mecenas foron os vicerreis De Mancera, o arcebispo vicerrei Payo Enríquez de Rivera e os marqueses da Laguna de Camero Viejo, vicerreis tamén da Nova España, que publicaron os dous primeiros tomos das súas obras na España peninsular. Grazas a Juan Ignacio María de Castorena Ursúa y Goyeneche, bispo de Iucatán, coñecese a obra que sor Juana tiña inédita cando foi condenada a destruír os seus escritos. El a publicou en España. Sor Juana morreu a causa dunha epidemia o 17 de abril de 1695.

Sor Juana Inés de la Cruz ocupou, xunto con Juan Ruiz de Alarcón e Carlos de Sigüenza y Góngora, un destacado lugar na literatura novohispana.[2] No campo da lírica, o seu traballo se adscribe na líña do barroco español na súa etapa tardía. A produción lírica de Sor Juana, que supón a metade da súa obra, é un crisol onde converxen a cultura dunha Nova España en apoxeo, o culteranismo de Góngora e a obra conceptista de Quevedo e Calderón.[3]

A obra dramática de sor Juana vai do relixioso ao profano. As súas obras máis destacables neste xénero son Amor es más laberinto, Los empeños de una casa e unha serie de autos sacramentais concibidos para representarse na corte.[4]

En México, os billetes de douscentos pesos están ilustrados cunha imaxe da escritora.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Aclaran enigmas sobre Sor Juana Inés de la Cruz.» Arístegui Noticias. Consultado el 25 de octubre de 2017.
  2. "La literatura barroca en la Nueva España". mexicodesconocido.com.mx. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  3. Sor Juana Inés de la Cruz. Poesía lírica, ed. José Carlos González Boixo. Madrid: Cátedra, 1992.
  4. Mauricio Beuchot Puente, Sor Juana: una filosofía barroca, México, Universidad Autónoma del Estado de México, Centro de Investigación en Ciencias Sociales y Humanidades, 2001, páxs. 8-13.
  5. La polaka del nopal. Blog Sor Juana la décima musa, ed. "Una sorjuana, billete de 200 pesos" (en Castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.