Magis Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Magis Iglesias
Magis Iglesias.jpg
Nacemento1956
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Ángeles Iglesias Bello, nada en Vigo en 1956, é unha xornalista galega, coñecida profesionalmente como Magis Iglesias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que creou a delegación da Coruña. Formou parte do primeiro equipo de redactores que en 1985 puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde fixo tarefas de reporteira, xefa de sección e coordinadora electoral.

Foi redactora xefa de Política na axencia de noticias Colpisa, vinculada a Vocento, onde se ocupa da información parlamentaria. Desde 1988 cubriu os acontecementos referidos ao Partido Popular e os seus líderes. Ademais, colaborou como contertulia nos programas Hoy por hoy da Cadena SER e Los desayunos de TVE.

En 2004 publicou o libro La Sucesión (Editorial Temas de hoy), no que relata o desenvolvemento dos acontecementos que levaron ao presidente José María Aznar a designar Mariano Rajoy como o seu sucesor.

O 20 de setembro de 2008 foi elixida presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España,[1], a primeira muller que accedeu ao cargo, e ocupou o posto até 2010.[2]

Desde 2012 é Directora de Comunicación da Entidade Pública Marca España.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La Sucesión (2004)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de León, ed. (28 de setembro de 2008). "Magis Iglesias, nueva presidenta de la Federación de Periodistas". Consultado o 28 de xullo de 2014. 
  2. Pensamientocrítico.org, ed. (18 de novembro de 2011). "Rajoy como presidente". Consultado o 28 de xullo de 2014.