Wikipedia:Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego
O sábado 8 de novembro de 2014 vaise realizar o primeiro editatón da Galipedia. Trátase dunha actividade promovida pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a Galipedia e Proxéctate en Galego, e na que tamén colaboran Wikimedia España e Nerd Nite Compostela, que terá como temática central o Día da Ciencia en Galego, que celebra o 4 de novembro a súa quinta edición.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Biblioteca_Intercentros_de_Lugo_Exterior.jpeg/220px-Biblioteca_Intercentros_de_Lugo_Exterior.jpeg)
Un editatón é unha reunión á que os participantes asisten (física ou virtualmente) para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca Intercentros e de Proxéctate en Galego- e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.
Cando, onde e como
[editar a fonte]Esta actividade terá lugar o 8 de novembro de 2014 na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, situada na rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Como chegar.
Comezará ás 10:30 da mañá e vaise desenvolver en sesións de mañá e tarde (máis abaixo pode verse o programa).
Para poder tirarlle todo o partido ao editatón o ideal é asistir presencialmente; desta forma, ademais de editar pódese coñecer outros wikipedistas e darlle visibilidade ao proxecto. Pero se iso che vai ser imposible podes achegarte só a unha das dúas sesións, ou participar a distancia.
Programa de actividades
[editar a fonte]- 10:30-11:00 Presentación.- O Día da Ciencia en Galego (Manuel Díaz Regueiro, de IGACIENCIA)
- 11:00-11:20 Introdución á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo Juncal, da Galipedia)
- 11:20-11:30 Planificación e distribución do traballo de edición. Os participantes que non o fixeran xa deben apuntarse na lista de abaixo.
- 11-30-14:00 Sesión de traballo 1
- 14:00-16:00 Xantar
- 16:00-16:30 Ciencia na sobremesa.- "A Arqueoloxía Experimental e a apocalipse zombi: pequeno manual de supervivencia para nerds" (Carlos Rodríguez-Rellán, do Dpto de Historia I da USC)
- 16:30-18:30 Sesión de traballo 2
- 18:30 Remate e avaliación do editatón
Información para participantes
[editar a fonte]Cuestións xerais
[editar a fonte]Tanto se optas por achegarte ata Lugo, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e incluíndo os teus datos e forma de participación. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.
E se aínda non es usuario da Galipedia, non esquezas rexistrarte antes: así identificaraste cun nome e non co enderezo IP do equipo desde o que te conectes. E aínda hai máis vantaxes.
Ah, e non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.
Se vas participar presencialmente, podes traer o teu computador portátil: así só terás que conectarte á rede sen fíos da USC para poder traballar. Pero por se non o traes, poderás traballar tamén nun dos computadores de sobremesa que a Biblioteca vai poñer á nosa disposición.
Se vas participar en liña mantente atento ás actualizacións desta páxina, porque che iremos anunciando as ferramentas de comunicación que imos habilitar para poidas manter o contacto cos que esteamos traballando xuntos en Lugo. Ademais podes contactar con nós durante a realización do evento a través da canle de IRC da Galipedia, #wikipedia-gl en irc.freenode.net, tentaremos que haxa xente alí conectada para resolver as dúbidas que poidan xurdir e para coordinar a todo o mundo. Se non tes programa de IRC podes acceder a través do teu navegador con esta páxina web, pon o teu nome de usuario, enche o texto que aparece na imaxe de control e preme no botón "Connect".
Artigos propostos
[editar a fonte]![]() | Para coordinarnos, e así non repetir o traballo dos demais, o máis axeitado é que antes de comezar a editar un artigo lle poñas o aviso {{En uso}} na páxina do artigo e a gardes. Logo anota na táboa de abaixo que estás a traballar con el e así todo o mundo saberá que xa está collido e distribuiremos mellor os nosos esforzos. |
Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que queremos traballar no editatón. Ti podes participar de varias maneiras:
- Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
- Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos Recursos que poñeremos ao teu dispor.
- Subindo imaxes libres que se poidan conseguir e incorporándoas aos distintos artigos.
Artigos que crear
[editar a fonte]Artigos que mellorar
[editar a fonte]Recursos
[editar a fonte]A medida que a data do editatón se vaia achegando iremos compilando aquí recursos e referencias que poden ser útiles para a redacción dos distintos artigos.
- Sitio web de IGACIENCIA
- Sitio web do Día da Ciencia en Galego
- Álbum da ciencia en galego
- Acceso ao conxunto de recursos de información creados para a edición das entradas
- Recursos de información sobre Afonso X
- Recursos de información sobre Alexandre de Fisterra
- Recursos de información sobre Ángela Ruiz Robles
- Recursos de información sobre Antonia Ferrín Moreiras
- Recursos de información sobre cúpulas xeodésicas
- Recursos de información sobre o Día da Ciencia en Galego
- Recursos de información sobre o Editatón
- Recursos de información sobre Florence Nightingale
- Recursos de información sobre IGACIENCIA
- Recursos de información sobre Isaac Díaz Pardo
- Recursos de información sobre María Wonenburger
- Recursos de información sobre Marie Curie
- Recursos de información sobre ponte autoportante
- Recursos de información sobre proxeria
- Recursos de información sobre Ramón M. Aller Ulloa
- Recursos de información sobre Ramón Verea
- Recursos de información sobre Richard Buckminster Fuller
- Recursos de información sobre Sensores
- Recursos de información sobre Xosé Rodríguez González
- Gurriarán, Ricardo. (2006) Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Dixitalización parcial en Google Books
Axuda para a edición
[editar a fonte]- Páxina de axuda do Editor da Galipedia
- Wikipedia:Guía
- Wikipedia:Referencia rápida
- Wikipedia:Citar as fontes
- Wikipedia:Libro de estilo
- Modelo:Científico
- Wikipedia:O que é un artigo de calidade
- Wikipedia:Presentación de introdución ó Editor Visual
Apúntate!
[editar a fonte]Se che apetece participar no editatón, agradecémosche que te apuntes nesta táboa editando a páxina e indicando o teu nome e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).
Galencontro
[editar a fonte]Despois das actividades faremos unha pequena reunión para charlar sobre as cousas que se nos ocorran relacionadas coa Galipedia, se estás interesado en participar podes apuntarte aquí para saber quen vai ir e así estar en contacto. Firma abaixo:
- --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2014 ás 18:32 (UTC)
- --Agremon (conversa) (en caso de que 'me acolla' á forma presencial) 31 de outubro de 2014 ás 09:51 (UTC)
Resultados
[editar a fonte]Mencións nos medios
[editar a fonte]- Editatón, robots, sensores e estrelas. Para encher a ciencia de galego O Cartafol
- O campus celebrará o Día da Ciencia con sesións de robótica e un Editatón El Progreso
- Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego Wikimedia España
- El campus celebrará el Día de la Ciencia con sesiones de robótica y un Editatón http://lugo.sucurriculum.com/
- A USC súmase á conmemoración do Día da Ciencia en Galego Consello da Cultura Galega
- Editatón do Día da Ciencia en Galego USC
- Chega o primeiro 'editatón' da Galipedia en Praza Pública
- A física protagoniza o V Día da Ciencia en Galego en culturagalega.org
- A USC súmase á conmemoración do Día da Ciencia en Galego en culturagalega.org
- Portada en Chuza!
- Botóns, Portal Galego de Educación
- Nova en Código Cero
- "Editatón do Día da Ciencia en Galego: así o vivimos e así o contamos" no blog Fonseca
- Vídeo recompilatorio elaborado polo persoal da Biblioteca Intercentros de Lugo
Estatísticas de traballo
[editar a fonte]Actualizadas automaticamente por Jembot (conversa · contribucións), bot de -jem- (conversa · contribucións). Para calquera consulta pode contactarse con el en #wikipedia-es entrar ou na súa páxina de conversa.
Por artigos
[editar a fonte]Artigo | Tam. inic. | Edics. | Tam. gan. | % Gan. | Editores | Tam. final | Tam. outros |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Afonso X o Sabio | 7245 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 7245 | 0 |
Alberto Pazos Labrador | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Alexandre de Fisterra | 6302 | 4 | 122 | 1,94 % | 1 | 6424 | 0 |
Ángela Ruiz Robles | 2087 | 22 | 9605 | 460,23 % | 2 | 11645 | -47 |
Antonia Ferrín | 3670 | 24 | 4087 | 111,36 % | 1 | 7786 | 29 |
Antonio Casares Bellido | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Astronomía | 7478 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 7478 | 0 |
Calculadora | 1527 | 2 | 1159 | 75,90 % | 1 | 2686 | 0 |
Carlos Pajares | 1706 | 15 | 2533 | 148,48 % | 2 | 4263 | 24 |
César Sobrado Maestro | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Cúpula xeodésica | 0 | 7 | 4334 | Creado | 1 | 4334 | 0 |
Día da Ciencia en Galego | 0 | 10 | 583 | Creado | 3 | 742 | 159 |
Editatón | 0 | 10 | 1024 | Creado | 2 | 1153 | 129 |
Estatística | 17428 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 17428 | 0 |
Fermín Bescansa Casares | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Física | 15720 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 15720 | 0 |
Florence Nightingale | 3393 | 5 | 5695 | 167,85 % | 1 | 9088 | 0 |
IGACIENCIA | 927 | 5 | 2849 | 307,34 % | 1 | 3776 | 0 |
Intensidade de radiación | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Isaac Díaz Pardo | 7679 | 5 | 1546 | 20,13 % | 1 | 9862 | 637 |
Isaac Newton | 11838 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 11838 | 0 |
James Clerk Maxwell | 5906 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 5906 | 0 |
Jesús Andreu Lázaro | 0 | 0 | 0 | Creado | 0 | 3243 | 3243 |
Manuel Baraja Fernández | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Marcelino Álvarez Muñiz | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
María del Pilar de Torres Luna | 0 | 0 | 0 | Creado | 0 | 1728 | 1728 |
María Mercedes Álvarez Lires | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
María Wonenburger | 6675 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 6675 | 0 |
Marie Curie | 28326 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 28326 | 0 |
Matemáticas | 50841 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 50841 | 0 |
Ponte autoportante | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Proxéctate en Galego | 0 | 16 | 6046 | Creado | 1 | 6104 | 58 |
Proxeria | 0 | 2 | 5631 | Creado | 1 | 5631 | 0 |
Química | 10865 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 10865 | 0 |
Ramón María Aller Ulloa | 4647 | 4 | 0 | 0,00 % | 2 | 12910 | 8263 |
Ramón Verea | 2995 | 10 | 4792 | 160,00 % | 2 | 7770 | -17 |
Richard Buckminster Fuller | 0 | 0 | 0 | - | 0 | 0 | 0 |
Sensor | 0 | 8 | 4416 | Creado | 1 | 4455 | 39 |
Tecnoloxía | 11488 | 2 | 20 | 0,17 % | 1 | 11508 | 0 |
Tomás Batuecas Marugán | 0 | 0 | 0 | Creado | 0 | 9413 | 9413 |
Trinity College | 0 | 47 | 17123 | Creado | 3 | 17083 | -40 |
Xosé Rodríguez González | 2235 | 0 | 0 | 0,00 % | 0 | 2379 | 144 |
Total | 210978 | 198 | 71565 | 33,92 % | 15 | 306305 | 23762 |
Por usuarios
[editar a fonte]Nome | Rexistrado | Edics. | Tam. aport. | Arts. | Outras ed. | Ed. totais | Sub. Commons |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Agremon (conversa · contribucións) | N/D | 14 | 2532 | 1 | 9463 | 9477 | 0 |
Alfonso Márquez (conversa · contribucións) | 2007-04-14 | 15 | 4559 | 2 | 53054 | 53069 | 0 |
Comba (conversa · contribucións) | 2014-11-04 | 5 | 1546 | 1 | 8 | 13 | 0 |
Ifrit (conversa · contribucións) | N/D | 0 | 0 | 0 | 147 | 147 | 0 |
Inesdecampos (conversa · contribucións) | 2014-10-27 | 25 | 4091 | 2 | 22 | 47 | 1 |
Inma.orjales (conversa · contribucións) | 2014-10-31 | 8 | 4416 | 1 | 5 | 13 | 0 |
Javier lopdia96 (conversa · contribucións) | 2014-11-07 | 6 | 1718 | 3 | 12 | 18 | 0 |
Jmgarpi (conversa · contribucións) | 2014-11-08 | 2 | 5631 | 1 | 7 | 9 | 0 |
Lonega (conversa · contribucións) | 2014-11-03 | 8 | 4711 | 1 | 7 | 15 | 2 |
Maria Alvarez (conversa · contribucións) | 2014-11-08 | 3 | 5 | 1 | 12 | 15 | 0 |
Maria zaos (conversa · contribucións) | 2014-10-17 | 21 | 9601 | 1 | 69 | 90 | 0 |
Marmoiral1 (conversa · contribucións) | 2014-11-08 | 5 | 5695 | 1 | 11 | 16 | 0 |
Millars (conversa · contribucións) | 2008-06-08 | 0 | 0 | 0 | 79 | 79 | 1 |
Mpq22 (conversa · contribucións) | 2014-11-08 | 0 | 0 | 0 | 4 | 4 | 0 |
Regueiro (conversa · contribucións) | 2014-11-08 | 9 | 20822 | 2 | 6 | 15 | 0 |
Ruth Rodríguez Bermúdez (conversa · contribucións) | 2014-10-30 | 41 | 17006 | 2 | 88 | 129 | 0 |
Taliesingz (conversa · contribucións) | 2010-06-21 | 0 | 0 | 0 | 5 | 5 | 0 |
Tommyhilfiger (conversa · contribucións) | 2007-10-11 | 0 | 0 | 0 | 3408 | 3408 | 0 |
Xoio (conversa · contribucións) | 2010-10-11 | 0 | 0 | 0 | 11698 | 11698 | 0 |
XustoRguez (conversa · contribucións) | 2013-07-03 | 24 | 6875 | 2 | 61 | 85 | 5 |
Total | - | 186 | 89208 | 18 | - | - | 9 |
Por monitores
[editar a fonte]Nome | Rexistrado | Edics. | Tam. aport. | Arts. | Outras ed. | Ed. totais | Sub. Commons |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Elisardojm (conversa · contribucións) | 2006-10-31 | 12 | -17643 | 6 | 27654 | 27666 | 61 |
Total | - | 12 | -17643 | 6 | - | - | 61 |
Galería de imaxes
[editar a fonte]-
Charla de Manuel Díaz Regueiro
-
Sesión de traballo na Biblioteca Intercentros de Lugo
-
Cartel do programa do Editatón
-
Cartel do Dia da Ciencia en Galego na Biblioteca Intercentros de Lugo
-
Relatorio de Carlos Rodríguez Rellán
-
Relatorio de Elisardo Juncal
Véxase tamén
[editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego |