Wikipedia:Revisor ortográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallos:
WP:RO
WP:ROR
Exemplo do funcionamento.

O revisor ortográfico da Wikipedia revisa os artigos que se cargan no navegador web cunha lista de erros frecuentes. No caso de que a revisión arroxe algún resultado positivo, este márcase con fondo vermello para facilitar a súa identificación e, ao pasar o rato por riba, móstrase a proposta de palabra correcta. O revisor funciona en todos os espazos de nomes básicos (todos excepto as conversas).

Activación[editar a fonte]

Para activar a ferramenta hai que dispor dunha conta e estar rexistrado. Nas preferencias de usuario, concretamente na sección Trebellos, detállanse tódalas ferramentas dispoñibles para os usuarios da Wikipedia. O revisor ortográfico atópase na sección Navegación. Marcando a caixa xunto ó texto Activar o revisor ortográfico, activarás a ferramenta.

Para desactivar a ferramenta basta con desmarcar a caixa pertinente nas preferencias.

Opcións avanzadas[editar a fonte]

Se a ferramenta está activada, entón execútase o revisor ortográfico de forma automática cada vez que se carga unha páxina. Isto pode provocar problemas, especialmente con Mozilla Firefox, por un excesivo uso das opcións de navegación por lapelas, provocando que a pantalla quede "conxelada" durante algúns segundos. Se non se desexa que se execute o script por defecto, basta con incluír no JavaScript persoal a variable window.DontAutorunRP = true;. A execución da función spellcheck (a propia corrección ortográfica) do script debe incluírse na propia páxina .js doutra maneira.

Para activar o script non só no espazos de nomes básicos, senón tamén nas páxinas de conversa da Wikipedia, basta con incluír a seguinte variable "window.RPonAllPages = true;" na páxina de script da túa aparencia (o nome exacto do "ficheiro.js" dependerá da pel que teñas seleccionada na sección "Aparencia" das túas preferencias, por exemplo, se tes a aparencia Vector o ficheiro a modificar deberá ser o teu vector.js, se tes a aparencia Monobook o ficheiro a modificar deberá ser o teu monobook.js). Se queres ver un exemplo podes revisar esta páxina.

O código do script do revisor ortográfico atópase MediaWiki:Gadget-RevisorOrtografico.js.

Como funciona?[editar a fonte]

Cando se navega pola Wikipedia, cada vez que se cargue unha páxina no navegador, executarase un script. Este script enviará o URL da páxina a un servidor externo (o denominado Toolserver da Wikimedia) que comprobará se algunhas das palabras do texto coinciden coas desta listaxe. As palabras detectadas como erróneas móstranse sen necesidade de abrir a caixa de edición; de feito, en modo de edición ou de previsualización non se mostran os erros existentes. O revisor só detecta erros nunha palabra, non en combinacións de palabras. Cada vez que se detecta un erro, o servidor executa un script no navegador, que marca a palabra cun fondo vermello. Se se pasa o rato sobre a palabra en cuestión, entón móstrase unha palabra a modo de suxestión para emendar o erro.

O script funciona nos navegadores máis populares: Opera, Mozilla Firefox e en Internet Explorer na versión 7 ou superior.

Listaxe de palabras[editar a fonte]

As palabras que se identifican como erros atópanse en Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe. A lista pode ampliala calquera usuario en todo momento, con erros frecuentes, tanto erros ortográficos (*camion en lugar de camión) como desleixos (*qeu en lugar de que). Os cambios non son inmediatos, e actualízanse ás 4:00 UTC.[1]

As palabras detéctanse tanto en maiúsculas como en minúsculas, por iso non é necesario incluír dúas entradas idénticas con e sen maiúsculas (ex. *Nicolas e *nicolas), porque cunha soa entrada son detectados os dous erros. Se só un dos dous casos, ex. *españa (en minúsculas), é erróneo pero en maiúsculas non o é, hai que diferenciar estes dous casos mediante o uso do parámetro cs.

As palabras teñen que ser idénticas, é dicir, se se introduce como erro unha palabra como *camion, a palabra *camions non se detectará como erro, a non ser que se introduza tamén de forma adicional.

Problemas técnicos e limitacións[editar a fonte]

  • A ferramenta ten, polo menos, un problema técnico sen solución: o navegador web interpreta os símbolos que non pertencen ó ASCII (de 7 bits) (ex. «ñ», «á», «é», «í», «ó», «ú», «ü») como alleos á palabra, polo que se interpretará o carácter que lles precede como o último da palabra. É por iso que en casos, como por exemplo "característica", o navegador cortará a palabra en dúas, neste caso «caracter» e «stica». Dado que «caracter» si está na lista de termos erróneos, marcarao como erróneo así: característica.
  • Tampouco é posible facer regras ou excepcións para «ensinar» ó revisor en que casos concretos non se trata dun erro senón dun falso positivo. A única forma de que unha palabra non se sinale como errónea polo revisor é retirando a entrada da listaxe.
  • Nalgunhas ocasións inclúense termos na listaxe do revisor que, aínda que existan (ex. ultimo, do verbo ultimar) son moito menos frecuentes que outras formas que levan til (ex. último, adxectivo). Por iso, é importante recordar que o propósito deste revisor é detectar erros de estilo para os artigos enciclopédicos, en ocasións á custa dalgúns falsos positivos.

Exemplos[editar a fonte]

Non feito. Ambiguo, unha das dúas entradas sobra:

hungria||Hungría
Hungria||Hungría

Non feito. Erro:

francia||Francia (tamén "Francia" sería detectada como erro, posto que non se distingue entre maiúsculas/minúsculas)

Feito! Correcto:

francia|cs|Francia (así só a versión en minúsculas dá erro; para distinguir entre maiúsculas/minúsculas úsase cs, sigla en inglés de case sensitive)

Máis información[editar a fonte]

Para avisar de problemas, erros ou propor melloras da ferramenta podes facer uso da páxina de conversa.

Autor[editar a fonte]

O autor do script é o usuario APPER da Wikipedia en alemán.

Caixa de usuario[editar a fonte]

Se o desexas podes incluír a seguinte caixa de usuario incluíndo o código {{Usuario Revisor}} na túa páxina de usuario.

Crystal kviewshell.png Este usuario mellora
artigos co
revisor ortográfico.
A – Á


Notas[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]