Matilde Albert Robatto
Matilde Albert Robatto | |
---|---|
Nome completo | Matilde Albert Robatto |
Nacemento | 1940 |
Lugar de nacemento | Mugardos |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | profesora universitaria e escritora |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Matilde Albert Robatto, nada en Mugardos en 1940, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Marchou aos cinco anos a Madrid. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Aos vinte e un anos casou e trasladouse a Porto Rico. Na Universidade de Porto Rico fixo o doutoramento sobre a narrativa de Juan Goytisolo. Catedrática do departamento de Estudios Hispánicos e directora do Seminario Federico de Onís. É directora do departamento de Estudios Hispánicos de Río Piedras da Universidade pública de Porto Rico. Organizou as Jornadas de la Emigración Gallega a Puerto Rico.
Obras[editar | editar a fonte]
- La creación literaria de Juan Goytisolo, 1977.
- Rosalía de Castro y la condición femenina, 1981.
- Rosalía de Castro y Emilia Pardo Bazán. Afinidades y contrastes, 1995.
- Ángel Botello en la historia del exilio gallego, 1995.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Matilde Albert Robatto". El Correo Gallego (en castelán). 27 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 08 de febreiro de 2017.