Manuela Barreiro Pico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primeira muller farmacéutica de Galicia, estudou Farmacia en Santiago, acadando o título no ano 1901[1] e abrindo farmacia a continuación[2]. Nada accidentalmente en Viveiro (5 de xuño de 1877) ós poucos días foi trasladada a Ribadeo, onde tivo farmacia na actual r/Rodríguez Murias dende 1903 a 1933[3].

Foi a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago (1896), e licenciada (1901). Debido ás limitacións impostas ás mulleres na época, tivo que solicitar permiso (que finalmente lle foi concedido) para matricularse e para exercer a súa profesión. No escrito dirixido ao ministro de Instrución Pública e Belas Artes, indicaba que os estudos realizados debían habilitala “para el ejercicio de una profesión que siempre creyó propia a su sexo y en la que pretende hallar ocupación útil para sí y para la sociedad”[4].

Unha rúa de Ribadeo leva o seu nome.43°32′21.05″N 07°02′59.93″O / 43.5391806, -7.0499806[5][6]

Citas[editar | editar a fonte]

  1. CLARAMUNT VALLESP, Rosa Mª e Teresa (2012). Mujeres en ciencia y tecnología. UNED. Tema 3. 
  2. Las primeras universitarias en España, 1872-1910. p. 204. 
  3. "Un grupo de ribadenses homenaxea o luns á ribadense Manuela Barreiro Pico, primeira muller farmacéutica de Galicia". La Comarca del Eo. 17/06/2017. p. 1. 
  4. "Mulleres que abriron camiño nas aulas e laboratorios da USC". Consultado o 18/06/2017. 
  5. "Actos do dia internacional da muller". Consultado o 18/06/2017. 
  6. "Rúas con nome feminino". Consultado o 18/6/2017.