Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Atallos:
WM DIM2
WP:2WDIM
Poster wikimaratona Galipedia.jpg
Mobilización polo Día Internacional da Muller.
En marzo, achégate á Galipedia en Ourense! (Foto: Pórtico do Paraíso na Catedral).

Esta é a Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller, continuación do Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller celebrado en Ourense o 10 de marzo de 2018.

Unha wikimaratona é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia, neste caso para tentar pechar a fenda de xénero existente entre os artigos e na que poden participar todo tipo de persoas, aínda que non teñan experiencia previa coa Galipedia.[1]

Buscamos ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que inclúan unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas. Tamén aproveitaremos para celebrar o décimo sexto aniversario da Galipedia que se cumpre tamén o 8 de marzo.

Cando, onde e como[editar a fonte]

A actividade terá lugar o 9 de marzo de 2019 na Biblioteca Pública de Ourense, podes ver aquí a súa localización.

Comezará ás 10:30 e desenvolverase durante toda a mañá (máis abaixo podes ver o programa).

Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir de forma presencial. Así, amais de editar, é posible coñecer outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto.

Programa de actividades[editar a fonte]

  • 10:30 - 11:30 Obradoiro de iniciación á edición na Galipedia
  • 11:30 - 12:15 Wikimaratón de artigos
  • 12:15 - 12:30 Pausa para café
  • 12:30 - 13:30 Wikimaratón de artigos

Información para participantes[editar a fonte]

Cuestións xerais[editar a fonte]

Videotitorial de axuda para a creación dunha conta e para apuntarse á wikimaratona.

Tanto se optas por achegarte ata Ourense, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

Non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches no programa que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.

E tampouco fai falta que cargues co teu equipo: no local temos á nosa disposición ordenadores de sobremesa para que poidamos traballar a gusto. Pero se che resuta máis cómodo traballar co teu portátil, tamén podes traelo: nós fornecerémosche a conexión á rede sen fíos para que poidas traballar.

Recomendación ós novos editores: levar xa creada a conta en Galipedia, leva só un minuto e só son dous pasos, pero fará que comecemos todos a tope! :)

  1. Accedendo á páxina principal e, na parte superior dereita, premendo en Crear unha conta
  2. Cubrir os campos solicitados (os únicos obrigatorios son o nome e contrasinal), e tras premer en  Crear a conta  xa tes a túa conta creada.
Importante: Non esquecer o voso nome de usuaria/o e o contrasinal.

Nun pequeno videotitorial que pode serche de axuda para abrir conta en Galipedia publicado pola Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago podes ver como facer o teu rexistro de participante na wikimaratona. Pódelo consultar acó e tamén nesta mesma páxina, á esquerda.

Unha cousa que si podes traer, e sería moi interesante, é algún libro sobre as biografías de mulleres nas que imos traballar. Hai varias recompilacións dispoñibles con información sobre o tema, e moitos libros que afondan na vida e obra de moitas delas. Toda esta información é de moita utilidade para achegar contido ós artigos e tamén para usar como fonte para engadir as referencias axeitadas. Podes revisar a sección A biblioteca da wikimaratona máis abaixo, e incluso engadir máis libros que coñezas e non estean no listado.

Tamén é importante que teñas en conta a Política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia.

Axudas co galego[editar a fonte]

Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Artigos propostos[editar a fonte]

Podes participar de varias maneiras:

  • Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
  • Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos recursos que poñeremos ao teu dispor.

Se queres podes propor máis artigos modificando estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.

Cando remates de amañar ou crear un artigo, por favor, engade na columna de "Notas" o texto {{Feito}} para poder saber de forma sinxela o traballo que fixemos nesta wikimaratona.

Galegas[editar a fonte]

A tumba de Inés de Castro.

Nesta lista engadiremos os artigos sobre mulleres galegas sobre os que podemos traballar. Uns xa existen e poden revisarse e ampliarse, e outros non existen e habería que crealos.

Tamén podes atopar outros artigos a crear en Álbum de Mulleres.

Hai outras listas máis no Wikiproxecto galegas. Unha delas é de galegas que non teñen artigo na Galipedia pero si ficha en Wikidata. Podes facer unha tradución dos artigos das outras linguas.

Artigo Avisos Provincia Notas
1 Inés de Castro faltan referencias
2 Helena de Carlos faltan referencias ourensá
3 Sabela Arias Castro formato wiki luguesa artigo en es.wiki
4 María Abel Diéguez faltan referencias atleta olímpica (Lugo 1974) GEG
5 Ángeles Barreiro Rico curto de máis GEG
6 María Victoria Díaz Riva Álbum da JAE
7 Carmén López-Cortón Álbum da JAE
8 Paz Parada Pumar Álbum da JAE
9 Carmen Arias López Álbum da Emigración
10 Juana Rouco Buela Álbum da Emigración
11 Josefina Fernández Mosquera historiadora
12 Eva Carrera Colección Afundación
13 Almudena Fernández Fariña Colección Afundación
14 Ana García Pan Colección Afundación
15 Ana Legido Soto Colección Afundación
16 Celsa Ferrín Moreiras ourensá
17 Montse Calleja curto de máis ourensá
18 Pilar Wirtz Molezún coruñesa monxa da Compañía de María e editora de Encrucillada
19 Rosa María Cid Galante ourensá Investigadora da Historia das mulleres ourensás na súa páxina e Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades 2019.
20 Wasthy Conde ourensá tenista. Fontes[2][3] [4][5]
21 María Teresa Eiriz Vázquez ourensá Pioneira do transporte de pasaxeiros [6][7]
22 Maribel Outeiriño ourensá xornalista, coñecida polo seu traballo no xornal La Región

Esta é unha lista de galegas con ficha en Wikidata e sen artigo na Wikipedia en galego:

Esta lista xérase a partir de datos incluídos en Wikidata e actualízase periodicamente mediante un bot.
As edicións feitas na zona da listaxe serán eliminadas na seguinte actualización!

# elemento Nome ocupación lugar de nacemento data de nacemento lugar de falecemento data de falecemento imaxe
1 Q61572159 María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán A Coruña 1879-08-18 Calle de Goya, Madrid 1970-12-02
2 Q61572880 María del Carmen Quiroga y Pardo Bazán A Coruña 1881-10-09 Calle del Tutor, Madrid 1935-05-30
3 Q67179734 Mary Isaura soprano A Estrada 1897-10-28 Barcelona 1982-05-08
4 Q59267995 Josefina Becerra Malvar Barrantes 1900s Barrantes 2000s
5 Q61986813 Maruja del Mazo actor de cinema Vigo 1907 1928
6 Q64820014 María Antonina Sanjurjo Aranaz xogador de hóckey Santiago de Compostela 1910-07-06 Vigo 1939-10-31
7 Q61994025 Josefina Vilas Raña cociñeiro Santiago de Compostela 1918-01-17 Santiago de Compostela 2002-04-05
8 Q61946188 Gloria Fernández Fernández pintor Monforte de Lemos 1918-02-08 Madrid 1996
9 Q55769485 María del Villar Mateo de Arenaza pintor A Coruña 1919 2010-12-10
10 Q19802897 Eva Lloréns Rodríguez pintor A Coruña 1921-03-20 A Coruña 2004-09-05
11 Q56558095 Victoria Canedo coreógrafo Santiago de Compostela 1924-08-06 A Coruña 2016-01-04
12 Q55769718 Alicia González Bará pintor Portonovo 1926 2013
13 Q61947598 María de las Mercedes Goicoa Fernández pianista A Coruña 1928-07-10
14 Q61976804 Pilar Magadán Chao folclorista Meira 1930-11-17
15 Q62578016 Margarita Rodríguez Otero Baamorto 1934
16 Q57316064 María Formoso pintor A Coruña 1936-06-15
17 Q61993877 Aurora Pita Alonso actor de televisión
actor de teatro
Perlío 1936-07-15
18 Q61976197 Natalia Lamas Vázquez pianista Ferrol 1936-08-08
19 Q61993962 Olga Ríos Corral emprendedor
peleteiro
A Coruña 1936-12-19
20 Q61993832 Pilar Pereira Carballo actor de teatro
actor de televisión
dramaturgo
director teatral
Santiago de Compostela 1937-07-04
21 Q61895691 Carmen Parada xornalista Sarria 1939
22 Q61993938 Beatriz Rey Gómez pintor A Coruña 1939-03-17
23 Q55769536 Ana María Legido Soto pintor Ourense 1939-03-21 Sabarís 2012-07-09
24 Q61946389 María Dolores Fernández Teijeiro pintor A Coruña 1941-04-14
25 Q61993995 María del Carmen Sánchez Carrera O Rosal 1943-01-06
26 Q63246941 María Dolores García Cotarelo biólogo A Coruña 1943-08-17
27 Q61989856 Dolores Padín Fernández pintor Santiago de Compostela 1946
28 Q58704718 Carmen de Jesús García Pereira poeta Tui 1947-04-06
29 Q57357643 Rosario Gesto González atleta
fondista
Santiago de Compostela 1947-06-09
30 Q61943152 Carmen Fernández Casanova historiador Ferrol 1947-11
31 Q61976462 María Teresa Liz pintor Lugo 1949-05-02
32 Q61968119 María Isabel González Fernández filólogo
investigador
Rábade 1949-12-05
33 Q64506405 Victoria Otero matemático Lugo 1950s
34 Q61256333 Teresa Fernández Talaya historiador da arte Vilagarcía de Arousa 1950
(Teresa Fernández Talaya) Chamartín homenajea con una placa a la última corporación democrática de Chamartín de la Rosa 02 (cropped).jpg
35 Q61993906 Beatriz Quintana Jato filólogo Lugo 1952
36 Q63487366 Violeta Bernardo escultor
ceramista
Sarria 1953-10-07
37 Q61989767 Carmen Ossorio Iglesias pintor
ceramista
Arzúa 1953-12-06
38 Q58525891 Esther Lago García contrabandista A Laxe 1955 Corvillón 2001-02-28
39 Q61986711 Carmen Manso Porto historiador da arte Ferrol 1956
40 Q56649996 Mercedes Espiño filólogo Pontevedra 1956-06-30
41 Q64580057 Ángeles Liboreiro baloncestista Vigo 1956-11-08
42 Q57339875 Casilda García Alfaro actor Campo Redondo 1957-10-11
43 Q64843046 Enma Pino pianista
compositor
Tui 1958 Vigo 2014-04-28
44 Q61971745 María do Rosario González Dorrego matemático Lugo 1958-10-21
45 Q21389350 María Eugenia López de Silanes Vázquez liquenólogo
biólogo
catedrático de universidade
Pontevedra 1959-02-08
46 Q64579920 Carmen Martínez baloncestista Vigo 1960-11-04 Vigo 2015-05-29
47 Q61993793 Esther Pedrosa Carrete fondista Santiago de Compostela 1961-05-19
48 Q29712048 Pilar Vicente de Foronda escultor Pontevedra 1961-08-12
Pilar Vicente Foronda.jpg
49 Q5752465 Carmen Buján Freire diplomático Bueu 1964-10-17
50 Q61989479 Teresa Novoa cantante de ópera Ponteareas 1965-05-19
51 Q59258162 Gracia Regojo Bacardí activista Vigo 1966
52 Q66663457 María Ángeles Marra Domínguez político Vigo 1966-01-31
53 Q54933159 Ana Marta González filósofo
catedrático de universidade
Ourense 1969
54 Q61975990 Marta Obregón A Coruña 1969-03-01 Burgos 1992-01-22
55 Q61976757 Mónica López Alonso escultor A Fonsagrada 1970-10-08
56 Q58832978 María José Domínguez Vázquez filólogo
profesor
As Pontes de García Rodríguez 1972
María José Domínguez Vázquez-EMLex Wiktionary HackFest 2018 09.jpg
57 Q60734412 Mónica Bello historiador da arte Santiago de Compostela 1973-09-24
58 Q64667663 Bea Seijas Couce deportista Ferrol 1974-03-15
59 Q60907551 Adriana Domínguez empresario Ourense 1976
60 Q60447611 Xiana Margarida Méndez Bértolo oficial
avogado
Pontevedra 1977
61 Q61975268 Paula Hermida Velo tenista
xogador de pádel
Ferrol 1977-10-24
62 Q59154432 Cristina Martínez Tejero filólogo
investigador
profesor
A Cañiza 1983
63 Q61846439 Patrycia Centeno xornalista A Coruña 1983
Catosfera 15-10-2016 tarda 20.jpg
64 Q65203998 Patrycia Centeno xornalista
escritor
A Coruña 1983-02-19
65 Q61993974 Patricia Rodríguez Bascuas taekwondista A Estrada 1983-04-25
66 Q67661335 Jazmín Abuin Vigo 1983-09-15
67 Q24046149 Maria Pedraza presentador de televisión Vigo 1985-03-18
68 Q63157784 Doa Oa muralista Sober 1986-01-29
69 Q60484707 Silvia Aguete Outón deportista Pontevedra 1987-01-11
70 Q68456580 Laura Novelle López investigador
Q1235152
bibliotecario
escritor
O Carballiño 1988
71 Q59959407 Paloma Vilar Iglesias xogador de fútbol sala
profesor
Pontevedra 1988-05-26
72 Q68452545 Jennifer Lores Cortizo deportista Pontevedra 1991-04-27
73 Q41296749 Rocío Loureda ciclista Cecebre 1991-07-25
74 Q61757546 Lucía Gómez González deportista A Coruña 1992-01-20
75 Q69388244 Ana Rivera Chaves deportista Verín 1994-04-24
76 Q61144566 Vanessa Sotelo Quintela deportista Ourense 1995-08-21
Vane Sotelo Esp.jpg
77 Q57315768 Pilar Corredoira López historiador da arte
comisario de exposicións
A Coruña 2000s
78 Q57316163 Conchita Fraga mezzosoprano
cantante
A Coruña 2000s
79 Q58002773 Teresa Ferro Delgado médico
investigador
Ourense 2000s
80 Q58454748 Mariña Arbor Aldea filólogo
profesor
investigador
político
San Cristovo de Cea 2000s
81 Q59256924 Rosana Rodríguez López matemático Galicia 2000s
82 Q63565137 Avelina Viñas Calvo pintor Pontevedra 2000s
83 Q57315955 Carmen Debén xornalista A Coruña
84 Q61896521 Dalila Dopazo Blanco xuíz Marín
85 Q61943065 Laura Rodríguez Miranda escultor
canteiro
restaurador
Campo Lameiro
86 Q61994013 Catalina Sánchez actor
cantante
Santiago de Compostela Madrid 1714
87 Q69507488 Amelia Verdejo Rodríguez matemáticas Bueu
Final da lista xerada automaticamente.

Outros artigos[editar a fonte]

Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que tamén podemos traballar na wikimaratona, os artigos foron escollidos porque son de calidade ou bos na Wikipedia en castelán ou inglesa. Se se traballa con calma neles, tamén poderían ter esa distinción na Galipedia, Wikipedia:Artigos de calidade.

Harriet Tubman, loitou pola liberdade, contra a escravitude e o racismo.
Artigo Avisos Notas
1 Día Internacional da Muller Actualizar co paro internacional de mulleres 2019
2 Mariya Spiridónova Cómpre revisar transcrición nomes rusos Calidade en es.wiki
3 Isabel II do Reino Unido Calidade en es.wiki
4 Harriet Tubman curto de máis Calidade en es.wiki
5 Alfonsina Storni Calidade en es.wiki
6 J. K. Rowling Calidade en es.wiki
7 Mary Shelley Calidade en es.wiki
8 Sarah Trimmer Calidade en es.wiki
9 Juana Inés de la Cruz Calidade en es.wiki
10 Lady Gaga Calidade en es.wiki
11 Madonna precisa referencias Calidade en es.wiki
12 Thalía Calidade en es.wiki
13 Aspasia Calidade en es.wiki
14 Isabel Bowes-Lyon Calidade en es.wiki
15 Golda Meir Calidade en es.wiki
16 Hatshepsut Calidade en es.wiki
17 María Tareixa I de Austria Calidade en es.wiki
18 Reinado de Isabel II de España Calidade en es.wiki
19 Hildegard von Bingen Calidade en es.wiki
20 Ablación de clítoris Calidade en en.wiki
21 Lynn Margulis
22 Jane Goodall
23 Rosalind Franklin Calidade en de. e he.wiki
24 Virginia Woolf
25 Ada Lovelace faltan referencias
26 Tareixa, condesa de Portugal
27 Valentina Tereshkova Cómpre aumentar contido
28 Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel Actualizar Calidade en en.wiki e bo en fr.wiki
29 Barbara McClintock faltan referencias, ampliar Calidade en es.wiki e en.wiki
30 Guilhermina Suggia ampliar
31 Violencia contra as mulleres ampliar
32 Modelo para organizacións de mulleres crear
33 Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín crear

Que día foi? Efemérides ourensás[editar a fonte]

Unha forma de visibilizar o traballo das mulleres ourensás é poder lembralas cada día do ano. Un bo xeito é a través das efemérides. Para esta tarefa é necesario obter fontes fiables para indicar as datas de nacemento e falecemento correspondentes, tanto en Galipedia como en Wikidata. Se engades estes datos ó artigo, non te esquezas de indicar tamén as fontes nas que te baseas para achegar esa información. A través da edición das entradas poderemos facer unha lista de efemérides máis diversa para a sección Wikipedia:Efemérides destacadas.

Nome Data de nacemento Data de falecemento Wikidata
Filomena Dato ? d:Q20534211
Margarita Astray ? ? d:Q56641354
María del Valle Lozano ? d:Q20535724
Teresa Novelle Rodríguez ? ? d:Q59512544
Áurea Rodríguez ? d:Q20533113
Irene Lucía Álvarez Veras ? d:Q50290526
Carmen Rodríguez de Legísima ? d:Q20536082
María Brey Mariño ? d:Q20535064
Carmen González Ledo ? d:Q57271926
María Pilar Fernández Álvarez ? d:Q11691449
Amalia Sofía Osorio Delgado ? ? d:Q50383272
Consuelo Rodríguez López ? d:Q13534607
Dorinda Ramos ? d:Q47016790
María del Rosario Castells Vila ? d:Q47512443
Pilar Otilia López ? d:Q12397669
Fely Manzano ? d:Q5647969
Kina Fernández ? d:Q9017612
Carmen Iglesias Sueiro ? d:Q20535563
María Isabel Álvarez Diéguez ? d:Q12393034
Rocío Mosquera ? d:Q12399140
Fátima Balsa ? d:Q25509580
María Carmen González Quintela ? d:Q12393030
Gloria Ferreiro ? d:Q28031518
María Xosé Bravo ? d:Q42911225
Carmen Pereiras Pérez ? d:Q20534081
Remedios Quintas ? d:Q20535395
María Ramona Gómez Iglesias ? d:Q20534696
María Xosé Justo Martín ? d:Q57597805
María Cristina Cid Fernández ? d:Q55873792

Hai unha táboa máis completa en: Wikipedia:Lista de mulleres nadas na provincia de Ourense segundo Wikidata.

Axuda para a edición[editar a fonte]

Recursos de apoio[editar a fonte]

Apúntate![editar a fonte]

Se che apetece participar nesta xornada, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).

  1. Elisardojm (presencial)
  2. Sobreira (praesentia)
  3. Maria zaos (presencial) (lin mal o cartel, sintoo)
  4. Estevoaei (presencial)
  5. Lles (posibelmente presencial)
  6. CoroRP (presencial)
  7. Beninho (presencial)
  8. Viascos (presencial, chegarei tarde)

A biblioteca da wikimaratona[editar a fonte]

Nesta sección imos engadir libros que poidan ser de interese para ser a fonte dos artigos que se creen, ou melloren, e cos que se poderán achegar as referencias ós contidos. Podes engadir a bibliografía que consideres que pode ser de axuda para traballar os contidos do wikimaratona, e se tes a posibilidade de traelo ó evento. Todo o que queira pode colaborar achegando libros de interese, que teña na casa, ou que colla na biblioteca pública que teña máis a man.

Título Autor Ano Editorial Quen o achega Notas
Liña do tempo. As mulleres na historia (2010), Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade. 2010 Comisión de Igualdade En liña
Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista… Pérez Pais e Mariño Costales 2013 Comis. de Igualdade En liña
Mulleres destacadas de Galicia Alvarellos, Enrique 1993 Alvarellos Editora Dispoñible na biblioteca de Ourense. Podes pedir aquí copia dalgún artigo.
Dicionario de Mulleres Galegas Marco, Aurora 2007 A Nosa Terra Elisardojm Podes pedir aquí copia dalgún artigo.
Gran Enciclopedia Galega, en DVD VVAA 1974- Elisardojm
Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria Gurriarán, Ricardo 2007 Comis. de Igualdade María Zaos En liña
Llinares García, Mar (2010). Historia das mulleres en Galicia: Prehistoria. Historia antiga. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7807-4.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8]
Pallares Méndez, Carmen (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade media. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7812-8.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8]
Rey Castelao, Ofelia; Rial García, Serrana (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade moderna. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7808-1.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8]
Pernas Oroza, Herminia (2011). Historia das mulleres en Galicia: Época contemporánea. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7822-7.  Elisardojm A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8]
Ménage, Giles (2009). Historia de las mujeres filósofas. Herder. ISBN 978-84-254-2581-3.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 1 MEN his
Folsing, Ulla (1992). Mujeres premios Nobel. Alianza. ISBN 84-206-0600-6.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 06 FÖL muj .Tamén un exemplar no depósito
Castarnado, Toni (2011). Mujeres y música : 144 discos más que avalan esta relación. 66 rpm. ISBN 978-84-941250-3-4.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura 78 CAS muj
Patiño Regueira, Antón (2005). Memoria de ferro. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-30-0.  María Zaos Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura C (ES-gal) PAT mem [FL] Válido para ás irmás Touza
Pioneiras do deporte en Galicia Cristina López Villar 2018 Deputación da Coruña Elisardojm
MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega (ed.). "Documentarios sobre mulleres galegas".  En liña

Notas[editar a fonte]

  1. Editatona
  2. Fonte 1
  3. Fonte 2
  4. Fonte 3
  5. Fonte 4
  6. Fonte 1
  7. Fonte 2
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Nota: Hai que pagar os gastos de envío, que inclúen a entrega a domicilio. Neste caso son dous euros en total, porque os catro libros suman menos de cinco quilos.

Resultados[editar a fonte]

Houbo dez persoas editando de forma presencial, das cales cinco eran mulleres.

A Biblioteca de Ourense puxo á nosa disposición varios portátiles para facer a actividade que repartimos entre todos os asistentes.

Despois diso comezamos cun obradoiro de introdución á edición para os novos usuarios que se achegaron, explicándolles as ferramentas básicas que se poden atopar no editor visual. Os participantes foron probando cada unha das cousas na súa páxina de usuario e fomos resolvendo as dúbidas que foron aparecendo.

Como comezamos cun pouco de atraso, non puidemos facer a paradinha para o café pero coas gañas da edición ninguén se lembrou diso. Así que puxémonos a traballar nos artigos consultando de cando en vez a biblioteca da wikimaratona, formada por libros achegados pola propia biblioteca, outros achegados polos propios asistentes ó evento e unha documentación achegada polo concello.

Fomos resolvendo algunhas dúbidas de edición e problemas que foron aparecendo ó mesmo tempo que se ían creando os artigos, e tamén aproveitamos para falar do asistente de creación de artigos, que foi de interese para os novos usuarios.

Artigos creados:

Mencións nos medios[editar a fonte]

Previas ó evento[editar a fonte]

Posteriores ó evento[editar a fonte]

Galería de imaxes[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outras páxinas[editar a fonte]



<<< Evento anterior: 16/11/2018, Pontevedra.
EMLex_Wiktionary_HackFest
2ª wikimaratona do
Día Internacional da Muller

09/02/2019, Ourense.
Evento seguinte: data e lugar por determinar. >>>
Evento por determinar