Irene Milleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Irene Milleiro Díaz»)
Infotaula de personaIrene Milleiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDirectora Europea de Change.org
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Irene Milleiro Díaz, nada en Pontevedra en 1976, é unha activista social, licenciada en Dereito e máster en Dereitos Humanos e Democracia. Dirixiu o departamento de campañas de Oxfam Intermon. Foi elixida entre as mulleres Top 100 desde o ano 2014 ata o 2017. Directora de Campañas para Europa da plataforma Change.org desde 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irene Milleiro estudou dereito na Universidade de Deusto e posteriormente fixo un máster de Dereitos Humanos e Democracia en Italia.

Foi a Bruxelas a traballar facendo presión en favor das vítimas da tortura en 2002. Alí traballou para a Comisión Europea para a promoción dos dereitos humanos e a democracia en África e para a ONG IRCT.[1]

Volve a España onde traballará durante sete anos para Oxfam Intermón. Nesta ONG exercerá diversos roles de xestión de campañas de axuda o desenvolvemento e relacións institucionais.

En 2011 entrou a formar parte da plataforma de participación cidadá Change.org, unha das maiores webs de peticións do mundo [2] fundada por Ben Rattray en 2007.[3] Anteriormente, a empresa Actuable, xa fora fundada en España no ano 2010 por Francisco Polo coa idea de dar á cidadanía unha ferramenta para cambiar as cousas. Despois da mostra da potencia da plataforma Change.org fusionouse con ela.[4]

Irene Milleiro, directora de campañas en España, sempre estivo convencida do poder transformador da cidadanía. Segundo as súas palabras "Tódolos cambios comezan cunha soa persoa plantándolle cara á inxustiza".[5] Deixou claro en máis dunha ocasión a consideración do liderado, a participación e a velocidade dos cambios como os tres eixos do poder cidadán que está cambiando a sociedade fronte a inxustiza.[6]

Desde abril de 2015 é a Directora Europea da plataforma Change.org. En tres anos conseguiu que a plataforma superara os seis millóns de persoas usuarias en España. Desde Change.org, axuda milleiros de persoas a utilizar a tecnoloxía para cambiar o mundo e acadar vitorias cidadás en temas de diversa índole.

Comprometida coas persoas LGTB e a visibilidade feminina, considera que as TIC e as redes sociais facilitan o apoderamento das mulleres, dando visibilidade a información e as iniciativas relacionadas coas mulleres que sen a tecnoloxía serían moito menos visibles.[5]

No ano 2019, Irene Milleiro foi incluída na lista dos 50 gais máis influentes de España do ano. Esta listaxe elaborada por LOC (La Otra Crónica) dende hai dez anos nun número especial co gallo do día do Orgullo Gai, converteuse nunha especie de termómetro para medir os adiantos e as loitas do colectivo LGTBI, no que no ano 2019 había 13 mulleres.[7][8]

Campañas[editar | editar a fonte]

En 2010 Ndumie Funda, foi a protagonista do primeiro grande éxito cando iniciou unha petición para que o Goberno surafricano frease a violación de lesbianas, e en poucos días tivo 170.000 adhesións. Conseguiron que as chamadas violacións correctivas entrarán na esfera dos casos por discriminación e incitación ao odio na lexislación surafricana.[9]

En España:

  • 427.286 sinaturas recollidas para que a traxedia do Madrid Arena (2012) non volva repetirse. A Comunidade de Madrid modificou a Lei de Espectáculos Públicos aumentando as sancións aos infractores.[10]
  • 166.064 sinaturas recollidas para endurecer as penas contra o maltrato animal en Galicia. O parlamento autonómico aprobou unha nova lei en 2014 con multas ata 30.000 euros.
  • 300.660 sinaturas recollidas para lograr prezos xustos para os libros de texto. Unha lei orgánica recolle agora a opción de préstamo gratuíto.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premios Top 100 en 2014, 2015, 2016 e 2017.[11][12]
  • Premio Mujeres a seguir 2017.[13][14]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casada e ten un fillo e unha filla[15].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "International Rehabilitation Council for Torture Victims". irct.org (en inglés). Consultado o 2018-03-10. 
  2. "Irene Milleiro, directora europea de campañas: «Solo en España change.org recibe más de 350 peticiones por semana»". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-04-09. Consultado o 2018-03-09. 
  3. 3,0 3,1 "El fundador de Change.org: "Podemos cambiar la democracia sin una revolución"". XLSemanal (en castelán). 2017-01-17. Consultado o 2018-03-10. 
  4. "La unión del activismo online: Change.org adquiere Actuable. Noticias de Tecnología". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2018-03-10. 
  5. 5,0 5,1 "Entrevista con Irene Milleiro: "Sólo hace falta una persona para lograr el cambio"". Glamour (en castelán). 2016-08-11. Consultado o 2018-03-09. 
  6. TEDx Talks (2014-04-30). "Querer y poder. La tecnologia y el empoderamiento ciudadano: Irene Milleiro at TEDxMurcia". Consultado o 2018-03-09. 
  7. "Los 50 gays más influyentes de 2019: una década de nuevos referentes y, también, ausencias". ELMUNDO (en castelán). 2019-06-21. Consultado o 2019-06-23. 
  8. "Los 50 LGTBI más influyentes de España en 2019". Consultado o 23-06-2019. 
  9. Internet, Unidad Editorial. "Sudáfrica decide acabar con las violaciones de lesbianas". www.elmundo.es. Consultado o 2018-03-10. 
  10. "Activismo social y nuevas tecnologías centran el último debate del … – Agibilis". www.agibilis.com (en castelán). Consultado o 2018-03-10. 
  11. "Irene Milleiro". www.lastop100.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 2018-03-09. 
  12. "Top 100". Diario de Ferrol (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 2018-03-09. 
  13. Mujeres a Seguir (2017-12-07). "Irene Milleiro: Premio Mujeres a Seguir 2017". Consultado o 2018-03-10. 
  14. "Ganadoras Premios MAS : Mujeres a seguir". www.mujeresaseguir.com (en castelán). Consultado o 2018-03-10. 
  15. EL PAIS (2018-04-25). "DÍA DE LA VISIBILIDAD LÉSBICA: 26 mujeres dan la cara | Tentaciones". Consultado o 2018-04-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]