Violencia contra as mulleres
A violencia contra as mulleres é, de xeito colectivo, actos violentos cometidos contra as mulleres. Este tipo de violencia é exercida contra a muller explicitamente por ser muller. A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller da Asemblea Xeral das Nacións Unidas afirma que:
«A violencia contra as mulleres é unha manifestación de relacións de poder historicamente desiguais entre varóns e mulleres» e que «a violencia contra as mulleres é un dos mecanismos sociais cruciais polos cales as mulleres son forzadas a unha posición subordinada en comparación cos varóns».[1]
Kofi Annan, secretario xeral das Nacións Unidas, declarou nun informe de 2006 publicado na web do Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM) que:
A violencia contra as mulleres e nenas é un problema de proporcións pandémicas. Polo menos unha de cada tres mulleres en todo o mundo foi golpeada, coaccionada no sexo ou abusada doutro xeito na súa vida co abusador, polo xeral, alguén coñecido por ela.[2]
A violencia contra as mulleres pode encaixar en varias categorías amplas. Algunhas das formas de violencia son a violación, a violencia doméstica, o acoso sexual, infanticidio feminino, selección prenatal do sexo, os asasinatos de honor, a violencia do dote, a mutilación xenital feminina, a lapidación, a desfiguración, a escravitude sexual, a trata de mulleres, a prostitución, a pornografía, a xestación por substitución, o matrimonio por secuestro, forzado e concertado, as propias imposicións do xénero (submisión, subordinación, pasividade, debilidade...), entre outras.[3]
A Organización Mundial da Saúde (OMS), na súa investigación da violencia contra as mulleres, analizou e categorizou as diferentes formas da violencia contra as mulleres en todos os estadios da vida dende antes do nacemento á velleira.[4]
Nos últimos anos, houbo unha tendencia de achegamento á violencia contra as mulleres a nivel internacional, mediante ferramentas como convencións; ou, na Unión Europea, a través de directivas, como a directiva en contra do acoso sexual[5] e a directiva en contra do tráfico de persoas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Declaration on the Elimination of Violence against Women". UN Documents. Consultado o 1 de abril de 2017.
- ↑ "Domestic Violence against Single and Married Women in Iranian Society". Iranian Archives. Consultado o 1 de abril de 2017.
- ↑ Prügl, E. (Director) (November 25, 2013). Violence Against Women. Gender and International Affairs Class 2013. Lecture conducted from The Graduate Institute of International and Development Studies (IHEID), Geneva, Switzerland.
- ↑ Violence against women: Definition and scope of the problem (1997). Organización Mundial da Saúde, 1, 1-3. Consultado o 1 de abril de 2017.
- ↑ Directiva 2002/73/EC - trato igualitario do 23 de setembro de 2002 emendando a Directiva do Consello 76/207/EEC sobre a aplicación do principio de igualdade de trato entre mulleres e varóns no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e á promoción profesionais e ás condicións de traballo.
- ↑ "DIRECTIVE 2011/36/EU OF THE EUROPEAN PARLIAMENT AND OF THE COUNCIL of 5 April 2011 on preventing and combating trafficking in human beings and protecting its victims, and replacing Council Framework Decision 2002/629/JH" Arquivado 26 de novembro de 2017 en Wayback Machine.(PDF). Eur-lex.europa.eu. Consultado o 1 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Violence against women, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
- Virtual Knowledge Centre to End Violence against Women and Girls (en inglés, francés e castelán)
- Special Rapporteur on violence against women, its causes and consequences, Asemblea Xeral das Nacións Unidas
- Informe da Organización Mundial da Saúde sobre a ablación do clítoris, Health complications of female genital mutilation