Wikipedia:Primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os vindeiros 16 e 17 de abril de 2015 vanse realizar as Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC", Xornada de portas abertas - wikimaratón da Galipedia. Estas xornadas están promovidas pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña, GPUL e a Galipedia, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, para promocionar e facilitar o achegamento á enciclopedia libre en galego a todas as persoas interesadas.

Os actos contarán cunha charla de introdución á edición da Galipedia accesible a participantes de todo tipo, e cunha charla de introdución ó manexo de bots, ademais doutras actividades. Tamén se fará un pequeno wikimaratón de artigos relacionados coa Universidade da Coruña e outros temas.

Un wikimaratón é unha reunión onde os e as participantes se xuntan para editar a Galipedia, tanto de forma presencial coma virtual.

Cando, onde e como[editar a fonte]

En abril, achégate á Galipedia na Coruña!

Esta actividade terá lugar os días 16 e 17 de abril de 2015 na Facultade de Informática da UDC situada no Campus de Elviña. Como chegar.

Comezará ás 17:00 da tarde do día 16 e vaise desenvolver durante as tardes deses dous días (podes consultar o programa e lugar de cada actividade máis abaixo).

Para poder tirarlle todo o partido a este evento o ideal é asistir presencialmente; desta forma, ademais de aprender a editar pódese coñecer a outros wikipedistas e darlle visibilidade ó proxecto. Para participar é necesario ter creado unha conta de usuario, podes facelo aquí, e apuntarse na lista de participantes.

Programa de actividades[editar a fonte]

Xoves 16 de abril[editar a fonte]

Presentación Introdución ó uso de Bots
  • 17:00-17:30 Introdución á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo Juncal, da Galipedia). Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
  • 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
  • 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para as persoas asistentes. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade. Ás 18:00 haberá pinchos para quen participe no evento, na cafetería do centro.
  • 19:30-19:45 Avaliación da xornada. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.

Venres 17 de abril[editar a fonte]

Vídeo da presentación de Introdución ó uso de Bots.
  • 16:00-17:00 Entrega de premios e presentación dos traballos de Wikinformática. Lugar: Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática
  • 17:00-17:30 Introdución ó uso de bots na Galipedia (Roi Ardao López "Banjo", da Galipedia). Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
  • 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
  • 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para as persoas asistentes. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade. Ás 18:00 haberá pinchos para quen participe no evento, na cafetería do centro.
  • 19:30-19:45 Avaliación da xornada. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.

Información para participantes[editar a fonte]

Cuestións xerais[editar a fonte]

Tanto se optas por achegarte ata Coruña como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esa sección e incluíndo os teus datos e forma de participación. As prazas presenciais son limitadas e serán asignadas por orde de rexistro nesa lista.

Se aínda non es usuaria/o da Galipedia, tes que rexistrarte antes. É moi recomendable que no rexistro indiques unha dirección de correo electrónico para que dende a Galipedia poidamos contactar contigo por se houbese que facer algunha comunicación de última hora.

E non te preocupes se é a túa primeira vez que editas a Galipedia: aquí tes información por se queres ir mirando, e se non, xa viches que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.

Se vas participar presencialmente, podes traer o teu computador portátil: así só terás que conectarte á rede sen fíos da UDC para poder traballar. Pero por se non o traes, poderás traballar tamén nun dos computadores de sobremesa que a Facultade de Informática vai poñer á nosa disposición.

Axudas co galego[editar a fonte]

Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Artigos propostos[editar a fonte]

Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que podemos traballar no wikimaratón. Ti podes participar de varias maneiras:

  • Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
  • Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos Recursos que poñeremos ao teu dispor.
  • Subindo imaxes libres que se poidan conseguir e incorporándoas aos distintos artigos.

Se queres propor máis artigos podes modificar estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.

Artigos que mellorar[editar a fonte]

Artigo Usuario Notas
1 Informática Elisardojm (a encher)
2 Universidade da Coruña (a encher) (a encher)
3 José Antonio Portero Molina (a encher) (a encher)
4 José María Barja (a encher) (a encher)
5 Xosé Luís Armesto (a encher) (a encher)
6 Aníbal Cavaco Silva (a encher) (a encher)
7 Devasa (informática) (a encher) (a encher)
8 Editor de texto Regueiro (a encher)
9 Módem (a encher) (a encher)
10 Memoria principal (a encher) (a encher)
11 Linguaxe Java (a encher) (a encher)
12 Hipertexto (a encher) (a encher)
13 Linguaxe de alto nivel Andrea Ardions (a encher)
14 Joomla! (a encher) (a encher)
15 Impresora (a encher) (a encher)
16 Arquitectura software (a encher) (a encher)
17 Peer-to-peer (a encher) (a encher)
18 Haskell (a encher) (a encher)
19 Propón un artigo (a encher) (a encher)
20 Propón un artigo (a encher) (a encher)

Artigos que crear[editar a fonte]

Artigo Usuario Notas
1 Fernando Lázaro Carreter (a encher) Artigo na Wikipedia en castelán
2 Antonio García-Bellido (a encher) Artigo na Wikipedia en castelán
3 Ordenador persoal Davisuke Artigo na Wikipedia en castelán
4 Sistema experto Cristian Canosa Pérez
Junior Paradelo
Diego Campelo Cores
Artigo na Wikipedia en castelán
5 Gerald M. Edelman Diego Sánchez Lamas Artigo na Wikipedia en castelán
6 Dana Scott Breixo Camiña Artigo na Wikipedia en castelán
7 Valentín Fuster de Carulla David Vilasánchez Artigo na Wikipedia en castelán
8 Enrique V. Iglesias (a encher) Artigo na Wikipedia en castelán
9 Emiliano Aguirre Enríquez (a encher) Artigo na Wikipedia en castelán
10 Semidúplex Andrea Ardions Artigo na Wikipedia en castelán
11 Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (a encher) Artigo do mesmo tipo
12 Escola Universitaria de Fisioterapia da Coruña (a encher) Artigo do mesmo tipo
13 ETS de Náutica e Máquinas da Coruña (a encher) Artigo do mesmo tipo
14 ETS Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Coruña (a encher) Artigo do mesmo tipo
15 Facultade de Ciencias da Coruña (a encher) Artigo do mesmo tipo
16 Arquitectura en capas Manoel Folgueira Artigo relacionado, artigo na Wikipedia en inglés
17 Arquitectura en repositorio Elena Delamano
Mateo Fuentes
Artigo relacionado na Wikipedia en castelán, artigo relacionado na Wikipedia en inglés
18 Arquitectura en pipeline Alejandro López
Xacobe Mosquera
Eloy Naveira
Artigo da Wikipedia en castelán
19 Arquitectura cliente-servidor David Torres Artigo na Wikipedia en castelán, artigo na Wikipedia en inglés
20 Arquitectura mestre-escravo David Rodríguez
Víctor Blanco
Faustino Castro
Artigo relacionado na Wikipedia en inglés
21 Tecnoloxía adecuada (a encher) Artigo relacionado na Wikipedia en castelán
22 Recursividade (a encher) Artigo na wikipedia en castelán
23 Estrutura de datos Elías Ferreiro Borreiros Artigo na wikipedia en castelán; e na inglesa
24 Propón un artigo (a encher) (a encher)
25 Propón un artigo (a encher) (a encher)

Recursos[editar a fonte]

A medida que a data do wikimaratón se vaia achegando iremos compilando aquí recursos e referencias que poden ser útiles para a redacción dos distintos artigos.

Axuda para a edición[editar a fonte]

Apúntate![editar a fonte]

Se che apetece participar nestas xornadas, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).

Presencial[editar a fonte]

En liña[editar a fonte]

Galencontro[editar a fonte]

Despois das actividades faremos unha pequena reunión para charlar sobre as cousas que se nos ocorran relacionadas coa Galipedia, se estás interesada/o en participar podes apuntarte aquí para saber quen vai ir e así estar en contacto. Firma abaixo:

Resultados[editar a fonte]

Xornada do 16 de abril.

Mencións nos medios[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]