Rosa María Cid Galante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosa María Cid Galante
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 839068

Rosa María Cid Galante, nada en Ourense en 1966, é unha profesora e investigadora ourensá.

Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, título que acadou coa tese de doutoramento Muller e educación en Ourense (1900-1930), dirixida por Carmen Benso Calvo.[1] Tamén é Diplomada en Educación Xeral Básica (EXB) e licenciada en Psicopedagoxía. En 2022 acadou a titulación de Catedrática de Xeografía e Historia.

Exerce como profesora titular do Departamento de Xeografía e Historia no Centro de Educación para Adultos (EPAPU) de Ourense e tamén foi profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.[2] Ten publicado libros e artigos de investigación en varias revistas especializadas sobre a historia da educación en Ourense no século XX, especialmente sobre o acceso das mulleres ao ensino e o seu papel na sociedade. Ademais é autora do caderno de bitácora Mulleres ourensanas.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os estudos primarios no Colexio Divino Maestro e logo foi ao Instituto Otero Pedrayo facendo a rama de letras e acadando o título de Bacharelato no ano 1984. A continuación fixo os estudos de maxisterio na Escola de Formación de Profesorado en EXB. No ano 1987 diplomouse en Maxisterio na especialidade de Ciencias Sociais. Posteriormente tamén se habilitou nos cursos de especialización para impartir lingua galega e música. Ese mesmo ano matricúlase na Facultade de Historia de Santiago de Compostela

Compaxinou os seus estudos universitarios coa preparación das oposicións de maxisterio que aprobou en 1988. A partir de entón comezou a traballar de mestra en diversas escolas da provincia e seguiu a estudar por libre en Santiago. No ano 1992 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e matriculouse no curso de doutoramento de Historia na Universidade de Vigo "Mundo Rural na historia. Metodoloxía e Fontes". Comezou a súa tese de doutoramento dirixida por Carmen Benso e titorizada por Julio Prada. Mentres traballaba de mestra preparou as oposicións a Secundaria, aprobándoas no ano 1997. Desde ese momento pediu excedencia no ensino primario, onde levaba exercendo nove anos, e pasou a dar clases no ensino secundario como profesora de Xeografía e Historia. No ano 2006 leu a tese de doutoramento titulada "Muller e educación en Ourense (1900-1930)" que foi cualificada con sobresaliente cum laude; ademais obtivo por ela o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo. Matriculouse en Psicopedagoxía na Universidade de Vigo e licenciouse no 2008.

Desde 2011 ao 2014 traballou como profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación impartindo as materias de Aprendizaxe das Ciencias Sociais no Grao de Educación Infantil e Didáctica das Ciencias Sociais no Grao Educación Primaria. As súas grandes paixóns son a didáctica, a metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e a investigación histórica.

Dende 2022 é catedrática de ensino secundario na especialidade de Xeografía Historia.[4] Continúa a escribir estudos de investigación, imparte conferencias nas que o tema principal é a muller ourensá e rexenta un blog sobre as mulleres ourensás relevantes, tanto históricas como actuais.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2019 recibiu o premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense.[5][6]

A Universidade de Vigo outorgoulle o Premio Extraordinario en 2006 pola súa tese de doutoramento.

Obras[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • A Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970) a súa orixe e os seus emprazamentos, Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións, 2013.
  • O Ensino Primario en Ourense no primeiro terzo do século XX, Deputación Provincial de Ourense, Ourense, 2014.
  • Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María: Entre a tradición e o cambio en Galicia. As mulleres na sociedade ourensá de comezos do século XX, Deputación de Ourense, 2011.
  • Estudo estatístico da alfabetización e do analfabetismo desde unha perspectiva de xénero na provincia de Ourense (1900-1930), Ourense, 2019.
  • "Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente. Mestras e comprometidas co galeguismo", Deputación de Ourense, 2023.

Artigos de investigación[editar | editar a fonte]

  • "A realidade social e vivencial da muller ourensá a comenzos de século (1900-1930)" en Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 9, 2001, pp. 97–114.
  • "As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930)" en Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 11, 2003, pp. 139–156.
  • "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)" en Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 12, 2004, pp. 73–102.
  • "Grao de participación da muller ourensá en movementos asociativos, políticos e reivindicativos (1920-1936)" en Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 14, 2006, pp. 57–72.
  • "A incorporación nos estudos secundarios e universitarios das mulleres do Partido Xudicial de Xinzo. 1900-1930" en Revista Lethes. Cadernos Culturais da Limia, n°5, 2003, pp.46-67.
  • "A percepción dos docentes do ensino primario ourensán a comezos do século XX: un profesorado en entredito" en Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, Nº 11, 2007, pp. 37–57.
  • "As orixes da escola normal de mestras de Ourense" en Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 15, 2007, pp. 33–47.
  • "As probas de exame para ocupar o posto de directora na Escola Normal de Mestras de Ourense: 1880" en Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, Nº 18-19, 2015, 2015, pp. 227–252.
  • "Herramientas de edición de vídeos" en Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, Nº 82, 2016, pp. 81–82.
  • "Printing press" en Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, Nº 82, 2016, pp. 79–80.
  • "As escolas de Ave María en Ourense. Entre a innovación didáctica e o confesionalismo ideolóxico", xunto con Cid Fernández, X.M., en Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación; nª 16, 2012, pp. 121–142.
  • "Entre el olvido y la memoria. Educación, mitos y realidades", xunto con González Pérez, T. (Ed); Celada Perandones, P; Cid Fernández, X.M.; Escolano Benito, A.; Fernández Soria, J.M; González Pérez; T.; Gramigna, A; López Pérez, O (2018). Tirant Humanidades. Sarmiento: Anuario galego de Historia da Educación, Nº 21; 2017, pp. 269–273.
  • "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)", xunto con Benso Calvo, M.C., en Historia de la educación: Revista interuniversitaria Nº26, 2007, pp. 437–470.
  • "A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX", xunto con Benso Calvo, M.C., en Sarmiento: Anuario galego de Historia da Educación, Nº 8, 2004, pp. 43–77.
  • "As conquistas femininas na Galicia do primeiro terzo do século XX", xunto con Benso Calvo, M.C. en Juana López, J. e Prada Rodríguez, J. (Dir.) As mulleres en Galicia no século XX, Vigo, Ir indo, 2011, pp. 47-83.
  • "A Escola obreira Inmaculada Concepción" EDUGA, Revista Galega de Ensino, nº 78, xullo-decembro 2019.[7]
  • "Celia Bouzas Barreiro", Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega).[8]
  • "Antonia Ortiz Currais: A primeira inspectora de ensino primario en Galicia comprometida coa ensinanza e defensora da educación da muller" EDUGA, Revista Galega de Ensino, nº 80, xullo-decembro 2020[9].
  • "Las escuelas de adultas en los inicios del siglo XX: Legislación, currículo y justificación. Caso particular de Ourense" en Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria, V.39, 2020, 373-405.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muller e educación en Ourense (1900-1930)". unidadedamullereciencia.plexus.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-27. 
  2. "Rosa María Cid Galante". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2021-03-27. [Ligazón morta]
  3. "Historia das nosas mulleres ourensás". mulleresourensas.blogspot.com. Consultado o 9/3/2019. 
  4. "Orde do DOG nº 36 do 2022/2/22 - Xunta de Galicia". Diario Oficial de Galicia (36): 12750. 22 de febreiro de 2022. ISSN 1130-9229. 
  5. "El CIFP Portovello y la investigadora Rosa Cid, premio Clara Campoamor a la Igualdad". Faro de Vigo (en castelán). 21/2/2019. 
  6. CleverTIC.es; Ourense, Concello de. "Igualdad". www.ourense.gal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-27. 
  7. Cid Galante, Rosa Mª (xullo-decembro 2019). "Escola Obreira Inmaculada Concepción. Unha iniciativa altruísta de comezos de século XX que ofrecía a oportunidade de instruír as mulleres adultas ourensás". EDUGA. (78). ISSN 2171-6595. 
  8. Cid Galante, Rosa Mª. "Celia Bouzas Barreiro". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2020-12-24. 
  9. Cid Galante, Rosa Mª (22-12-2020). "Antonia Ortiz Currais". EDUGA (80). ISSN 2171-6595. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Blog sobre biografías de mulleres ourensás mantido pola autora.