Ramona Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramona Vaamonde Fernández
Nacemento28 de abril de 1907
 Santiago de Compostela
Falecemento1997
NacionalidadeEspañola
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónFarmacéutica e microbióloga
editar datos en Wikidata ]

Ramona Vaamonde Fernández, nada en Santiago de Compostela, o 28 de abril de 1907 e finada en 1997,[1] foi unha doutora en Farmacia, destacando no eido da microbioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Era filla do doutor Joaquín Vaamonde Rodríguez, médico compostelán pioneiro da Radioloxía en Galicia. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1930[2][3] con premio extraordinario de Licenciatura e 12 sobresaíntes e matrículas de honra. En 1937 durante a guerra civil, e na súa etapa no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, obtivo o título de enfermeira[2].

Labor docente[editar | editar a fonte]

Traballou como axudante de clases prácticas de Microbioloxía na Universidade de Santiago de 1952 a 1956. Foi nomeada Profesora adxunta da Cátedra de Microbioloxía en 1956. En 1957 leu a súa tese de doutoramento en Farmacia titulada Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucléicos de las bacterias e dirixida por Benito Regueiro Varela.[3]

Desde 1967 foi docente encargada da materia de Microbioloxía e Técnica microbiolóxica e no mesmo ano foi nomeada profesora agregada de Parasitoloxía. En setembro de 1975 detectou prontamente a presenza do virus do cólera evitando así unha epidemia. Xubilouse en 1977.

Obras[editar | editar a fonte]

Vencellada sempre á cátedra de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Ramona participou en varias publicacións:[3]

  • "Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucleicos de las bacterias. I. Relación entre crecimiento y contenido en ácidos nucleicos de bacterias en caldo común". Microbiol Esp. 1957; 10 (4): 461-485 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Influencia de la composición del medio de cultivo sobre la acción enzimática de las bacterias" en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela. Comunicación ao IV Congress of Biochemistry, Vienna 1958
  • "Estudio del metabolismo de los ácidos nucleicos bacterianos. II. Metabolismo de los ácidos nucleicos de Escherichia coli en medio sintético". Microbiol Esp. 1958; 11 (1):77-90 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucleicos de las bacterias. IV. Influencia de algunos factores en la actividad enzimática de los filtrados bacterianos en ácido ribonucleico". Microbiol Esp. 1960; 13: 1-14 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Influence of composition of culture medium on the enzymatic action of bacteria". Rev Esp Fisiol. 1958; 14 (4):215 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Lisis de Staphylococci y estudio de los lisados". Microbiol Esp. 1971; 24 (2): 103-113 (En colaboración con Nogueira Calvo, C. e Regueiro Varela B.)
  • "Reserva endógena de Staphylococci". Rev Esp Fisiol. 1971; 27 (2): 103-110 (En colaboración con Nogueira Calvo, C. e Regueiro Varela B.)
  • "Prácticas de bromatología" en colaboración con Jesús Simal Lozano (1983). Santiago de Compostela: Imprenta universitaria-Pabellón de Servicios Universidad de Santiago ISBN 84-300-8774-5
  • Manual de técnicas Microbiológicas.Santiago: USC, 1980. (Obra colaboración con Benito Regueiro Varela.)[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morales y Morales, Alfonso (28-04-2011). "Recordando a mi profesora de Microbiología, a Ramonira Baamonde". eldia.es. Consultado o 14-03-2018. 
  2. 2,0 2,1 Brasa e Landín (2011)
  3. 3,0 3,1 3,2 Brasa Arias (2011)
  4. "Ficha de Manual de técnicas Microbiológicas". datos.bne.es. Consultado o 14 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]