Mercedes Tella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mercedes Tella
Mercedes Tella 1927.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1927.
Nacemento ?
  A Coruña
Falecemento 30 de xaneiro de 1934
  Vilafranca do Bierzo
Nacionalidade España
Ocupación escritora
Irmáns Alfredo Tella
editar datos en Wikidata ]

Mercedes Tella Comas, nada na Coruña e finada en Vilafranca do Bierzo o 30 de xaneiro de 1934,[1][2] foi unha pedagoga e escritora galega.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmá de Alfredo Tella. Estudou Maxisterio na Coruña e marchou a Madrid onde fixo o grao normal. En 1896 foi nomeada profesora auxiliar da Escola Normal de Madrid, e en 1990 profesora supernumeraria da sección de Ciencias da mesma escola. En 1901 obtivo a praza de profesora da Normal da Coruña. Estudou Pedagoxía na Facultade de Filosofía e Letras. Presentou comunicación e interviu nos debates do IX Congreso Internacional de Hixiene e Demografía (1898). Participou na Asemblea dos Amigos de la Enseñanza de Madrid e presentou unha memoria ao Congreso de Medicina de Madrid. Foi redactora da Gaceta de Instrucción Pública. En 1907 foi nomeada directora da Escola Normal da Coruña, permanecendo no cargo até 1911. En 1914 volveu ser nomeada directora, permanecendo no cargo até a súa xubilación. Pronunciou conferencias e escribiu artigos científicos, literarios e pedagóxicos en periódicos e revistas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Aritmética elemental, 1896 (en colaboración con María Encarnación de la Rigada).
  • Los juegos en la escuela, 1904.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1929 recibiu a Cruz de Afonso XII.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmá do escritor Alfredo Tella e casou con Mario Sánchez Belorado.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]