Carmiña Navia Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmiña Navia Velasco
Nacemento5 de agosto de 1948
 Palmira
NacionalidadeColombia
Alma máterUniversity of Valle
Ocupaciónpoeta, teólogo, escritora e feminista
PremiosPremio Casa de las Américas e doutor honoris causa
editar datos en Wikidata ]

Carmiña Navia Velasco, nada en Palmira (Valle del Cauca) o 5 de agosto de 1948, é unha escritora e feminista colombiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos de secundaria no Colexio do Sacro Corazón de Jesús. Desde o seu inicio formativos inclinouse ao estudo da literatura, primeiro como estudante de Letras na Universidade del Valle e anos máis tarde como estudante da Mestría en Lingüística da mesma universidade. En 1978, viaxa a España a cursar o Diplomado en Lingua e Literatura Española no Instituto Iberoamericano de Cooperación en Madrid.

Polo seu importante traballo como escritora, feminista, teóloga e xestora cultural é considerada pioneira nos estudos literarios con enfoque de xénero en Colombia e impulsora de lecturas feminino-populares do texto bíblico. Ademais, é coordinadora do Grupo de Espiritualidade María de Magdala.