Margaret Fuller
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sarah Margaret Fuller 23 de maio de 1810 Cambridge, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de xullo de 1850 (40 anos) Fire Island, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte accidental homicidio, afogamento |
Residencia | Cherry Street (en) Brattle Street (en) |
Relixión | Feminismo e transcendentalismo (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Ocupación | xornalista, escritora, filósofa, activista polos dereitos das mulleres, crítica literaria, autobiógrafa, reporteira, ensaísta, tradutora, abolicionista |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Giovanni Angelo Ossoli |
Fillos | Angelo Eugenio Filippo Ossoli |
Pais | Timothy Fuller e Margaret Crane |
Irmáns | Arthur Buckminster Fuller Ellen K. Channing Richard Frederick Fuller |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The American Cyclopædia Encyclopædia Britannica Ninth Edition (en) |
Sarah Margaret Fuller, nada en Cambridge o 23 de maio de 1810[1] e finada preto de Fire Island o 19 de xullo de 1850,[2] foi unha xornalista estadounidense e activista polos dereitos da muller. Foi ademais unha influente unitarista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fuller naceu en Massachusetts. O seu pai, Timothy Fuller, xurista deulle unha educación severa e clásica. En 1836, Sarah Margaret Fuller deu clase no Temple School de Boston e entre 1837 e 1839 en Providence, Rhode Island.
Fuller trabou amizade con Ralph Waldo Emerson e participou na fundación unitaria da organización do trascendentalismo en Concord. Cando se uniu a Horace Greeley no New-York Tribune como crítica literaria[3] converteuse na primeira xornalista feminina na redacción dun xornal importante.[4]
A mediados da década de 1840 organizou grupos de discusión de mulleres, en que se falaba de temas variados, como arte, educación e dereitos da muller. Varias figuaras coñecidas do movemento dos dereitos da muller tomaron parte nestas conversas. No transcurso destas charlas desenvolveu a súa obra principal, Woman in the Nineteenth Century ("A muller no século XIX"), que trata da independencia da muller e da necesidade de cambiar a desigualdade das relacións entre os sexos.
O New-York Tribune enviouna como correspondente no estranxeiro a Europa.[5] Alí entrevistou moitos escritores destacados, como George Sand e Thomas Carlyle. En Inglaterra, na primavera de 1846, coñeceu a Giuseppe Mazzini, que vivía exiliado de Italia dende 1837.[6] Fuller tamén coñeceu o revolucionario Giovanni Angelo Ossoli, un marqués que fora desherdado pola súa familia a causa do seu apoio a Mazzini.[7] Fuller e Ossoli foron vivir xuntos a Florencia, posiblemente antes de casaren, aínda que non se sabe con certeza se casaron.[8][9][10] Fuller inicialmente opúxose a casar con el, en parte a causa da diferenza nas súas relixións; ela era protestante e el católico.[11] O seu fillo Angelo Eugene Philip Ossoli, alcumado Angelino, naceu a principios de setembro de 1848.[12] A parella mantiña moi en segredo a súa relación, mais, despois de que Angelino sufrise unha doenza sen nome, ocultárona menos.[13]
A parella apoiou a revolución de Giuseppe Mazzini para proclamar unha república romana. El loitou mentres ela se presentou voluntaria para dirixir un hospital.[14] Cando os republicanos que apoiaban foron derrotados,[15] abandonaron Italia e decidiron mudarse aos Estados Unidos.[16] De camiño, pasaron por París, onde coñeceu a Elizabeth Barrett Browning.[17]
Fuller, o seu marido e o seu fillo faleceron en 1850 cando o barco que os transportaba aos Estados Unidos afundiu xunto a Nova York. Con eles perdeuse tamén o manuscrito de Fuller sobre a historia da República Romana. Moitos dos seus escritos foron publicados polo seu irmán Arthur baixo o título At home and Abroad (1856) e Live Without and Life Within (1858). Un cenotafio a Fuller e Ossoli, baixo o que está soterrado Angelino está no cemiterio de Mount Auburn, Cambridge, Massachusetts.[18]
Obras
[editar | editar a fonte]- Summer on the Lakes (1844)[19]
- Woman in the Nineteenth Century (1845)[20]
- Papers on Literature and Art (1846)[21]
- Edicións póstumas
- Memoirs of Margaret Fuller Ossoli (1852)[22]
- At Home and Abroad (1856)[23]
- Life Without and Life Within (1858)[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nelson, Randy F. The Almanac of American Letters. Los Altos, California: William Kaufmann, Inc., 1981: 42. ISBN 0-86576-008-X
- ↑ "Margaret Fuller".
- ↑ Callow, Philip. From Noon to Starry Night: A Life of Walt Whitman. Chicago: Ivan R. Dee, 1992: 110. ISBN 0-929587-95-2
- ↑ Cheever, 175
- ↑ Cheever, 176
- ↑ Gura, 235
- ↑ Dickenson, 188
- ↑ Kane, Paul. Poetry of the American Renaissance. New York: George Braziller, 1995: 156. ISBN 0-8076-1398-3.
- ↑ Cheever, 176–177
- ↑ Slater, 204
- ↑ Deiss, 97
- ↑ Gura, 237
- ↑ Deiss, 281
- ↑ Von Mehren, 301–302
- ↑ Blanchard, 268–270; Deiss, 186; Dickenson, 186
- ↑ Deiss, 302
- ↑ Forster, Margaret. Elizabeth Barrett Browning. Nova York: Doubleday, 1989: 239. ISBN 0-385-24959-4
- ↑ Wilson, Susan. Literary Trail of Greater Boston. Boston: Houghton Mifflin Company, 2000: 115. ISBN 0-618-05013-2
- ↑ Slater, 82
- ↑ Slater, 96
- ↑ Von Mehren, 226
- ↑ Von Mehren, 343
- ↑ 23,0 23,1 Von Mehren, 344
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margaret Fuller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanchard, Paula. Margaret Fuller: From Transcendentalism to Revolution. Reading, Massachusetts: Addison-Wesley Publishing Company, 1987. ISBN 0-201-10458-X
- Brooks, Van Wyck. The Flowering of New England. Nova York: E. P. Dutton and Company, Inc., 1952.
- Cheever, Susan. American Bloomsbury: Louisa May Alcott, Ralph Waldo Emerson, Margaret Fuller, Nathaniel Hawthorne, and Henry David Thoreau; Their Lives, Their Loves, Their Work. Detroit: Thorndike Press, 2006. ISBN 0-7862-9521-X
- Deiss, Joseph Jay. The Roman Years of Margaret Fuller. Nova York: Thomas Y. Crowell Company, 1969. ISBN 978-0-690-01017-6 ISBN 0-690-01017-6
- Douglas, Ann. The Feminization of American Culture. Nova York: Alfred A. Knopf, 1977. ISBN 0-394-40532-3
- Dickenson, Donna. Margaret Fuller: Writing a Woman's Life. Nova York: St. Martin's Press, 1993. ISBN 0-312-09145-1
- Gura, Philip F. American Transcendentalism: A History. Nova York: Hill and Wang, 2007. ISBN 0-8090-3477-8
- Marshall, Megan. Margaret Fuller: A New American Life. Nova York: Mariner Books, 2013. ISBN 978-0-547-19560-5
- Matteson, John. The Lives of Margaret Fuller: A Biography. Nova York: W.W. Norton, 2012.
- Slater, Abby. In Search of Margaret Fuller. Nova York: Delacorte Press, 1978. ISBN 0-440-03944-4
- Urbanski, Marie Mitchell Olesen. Margaret Fuller: Feminist Writer and Revolutionary (1810-1850) en Spender, Dale (ed.) Feminist theorists: Three centuries of key women thinkers, Pantheon 1983, pp. 75–89 ISBN 0-394-53438-7
- Von Mehren, Joan. Minerva and the Muse: A Life of Margaret Fuller. Amherst: University of Massachusetts Press, 1994. ISBN 1-55849-015-9
- Wilson, Ellen. Margaret Fuller: Bluestocking, Romantic, Revolutionary. Farrah, Strauss e Giroux, Nova York 1977 ISBN 0-374-34807-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Margaret Fuller (Marchesa Ossoli) by Julia Ward Howe in multiple formats at Gutenberg.org
- Brief biography and links at American Transcendentalism Web
- Brief biography at Unitarian Universalist Historical Society
- Brief biography at PBS
- "Humanity, said Edgar Allan Poe, is divided into Men, Women, and Margaret Fuller" in American Heritage magazine, Vol. 23, Issue 5 (agosto de 1972) por Joseph Jay Deiss
- "I find no intellect comparable to my own" en American Heritage magazine, Vol. 8, Issue 2 (febreiro de 1957) por Perry Miller
- Transcendental Woman essay on Fuller by Christopher Benfey from The New York Review of Books
- "Review of the Memoirs of Margaret Fuller Ossoli", en Friend Of The People, 21 de febreiro de 1852