Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller/Política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Política de espazo amigable para os eventos a Fundación Wikimedia[editar a fonte]

A Fundación Wikimedia está dedicada a proporcionar un lugar libre de acoso para todas e todos, independentemente do seu sexo, orientación sexual, discapacidade, aparencia física, raza, etnia, afiliación política ou relixión, e non se limita exclusivamente a estes aspectos.

Non toleramos ningunha forma de acoso ás e ós participantes dos nosos eventos. A linguaxe e as imaxes sexuais non son apropiadas en ningún dos nosos eventos ou charlas. Calquera participante que viole estas regras pode ser sancionado ou expulsado do evento a discreción dos organizadores do mesmo.

O acoso inclúe, pero non se limita, aos comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, discapacidade, aparencia física, raza, etnia, afiliación política ou relixión. O acoso tamén inclúe imaxes sexuais en espazos públicos, intimidación deliberada, espreita, fotografía ou gravacións de acoso, interrupción sostida das conversas ou outros eventos, contacto físico inapropiado e atención sexual non desexada. En caso de ser sorprendidos solicitaráselle aos participantes que deteñan calquera comportamento de acoso e espérase que cumpran inmediatamente.

Se un participante se involucra nunha conduta de acoso, os organizadores do evento poden tomar calquera acción que consideren apropiada, incluíndo a advertencia ao infractor ou a expulsión do evento. Se estás a ser acosada, ou acosado, observas que alguén está a ser acosado ou ten algunha outra inquietude, avisa a un organizador inmediatamente. Os organizadores do evento poden ser identificados por insignias especiais.

Os organizadores estarán encantados de axudar aos participantes a pórse en contacto coa seguridade do lugar ou a policía local, proporcionando compañía ou calquera outra maneira que axude ás ou aos que sofren o acoso a sentirse seguros mentres dura o evento.

Valoramos a túa asistencia e esperamos que as e os participantes sigan estas regras nas sedes da Fundación Wikimedia, en todas as salas de conferencias e eventos sociais relacionados coas súas actividades.

Esta política é unha tradución da política de espazos amigables para os eventos da Fundación Wikimedia (en castelán)