Irmás Touza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As irmás Touza foron tres mulleres de Ribadavia que na década de 1940 colaboraron nunha rede de apoio para axudar os fuxidos do nazismo cruzando a fronteira de Portugal[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Estación de ferrocarril de Ribadavia.

Lola, finada o 26 de xuño de 1966, Amparo, finada o 6 de febreiro de 1981 e Xulia[2], finada o 6 de xuño de 1983 rexentaban o quiosco da estación de Ribadavia, e vivían no nº 2 da rúa do xuíz Viñas. Ao chegaren os fuxidos á estación de ferrocarril xa viñan co seu contacto, elas agachábanos na súa casa e costeábanlles o paso da fronteira a Portugal.[3] A rede de fuxida estaba organizada polo cónsul portugués Aristides de Sousa Mendes[4].

Legado[editar | editar a fonte]

O escritor Emilio Ruiz Barrachina publicou en 2016 a novela Estación Libertad, e estaba prevista a realización dunha adaptación cinematográfica no 2018.[5][6]

Memoria do silencio de Eva Mejuto recolle a súa historia.[7][8]

Nelas están inspirados algúns dos personaxes da película Lobos sucios.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""As irmás Touza salvaron á metade de xente que Schindler, pero sen ningún medio económico”". Sermos Galiza. 21 de novembro de 2016. 
  2. Andaina (ed.). "As Irmás Touza Domínguez". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. Patiño Regueira, Antón (2005). A Nosa Terra, ed. Memoria de ferro. pp. 153–156. ISBN 84-96403-30-0. 
  4. "«De Sousa foi o creador da rede de evasión na que estaban as Touza»". La Voz de Galicia. 2 de xuño de 2017. 
  5. "As irmás Touza salvaron á metade de xente que Schindler, pero sen ningún medio económico". Sermos Galiza. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  6. Fernández, Elisabet (26 de outubro de 2016). "La historia de las hermanas de Ribadavia que salvaron a 500 judíos llegará a Hollywood". La Región (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  7. Gracia e Anxo (4 de febreiro de 2019). "Memoria do silencio". Trafegando ronseis. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Mejuto, Eva (5 de marzo de 2019). “Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Schindler e non temos idea do que pasou no noso propio país?”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 6 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.