Malia a igualdade de xénero que propuña a CNT dende as súas orixes, moitas das mulleres que militaban no movemento consideraron necesaria unha organización específica para desenvolveren plenamente as súas capacidades e a súa loita política.[1]
En 1934, Amparo Poch y Gascón, Lucía Sánchez Saornil e Mercedes Comaposada fundaron a revista Mujeres Libres, voceira da Federación Mujeres Libres, a prol da liberación da muller obreira. A Federación medrou axiña e en outubro de 1938 tiña máis de 20.000 membros.[2] Era unha revista para mulleres e escrita por estas. Vetou a colaboración de homes, agás o artista Baltasar Lobo, ilustrador e maquetista da publicación.
A educación e a capacitación profesional eran premisas determinantes para conquistar os dereitos das obreiras nunha formación libertaria. O obxectivo era a emancipación da muller da servidume, da ignorancia e da submisión sexual.
As agrupacións Mujeres Libres de Madrid e o Grupo Cultural Feminino de Barcelona fusionáronse en setembro de 1936 na Agrupación de Mujeres Libres. En Barcelona, a Agrupación de Mujeres Libres estabeleceu comedores colectivos, organizou cursos de alfabetización, enfermaría e puericultura e enviou víveres ó Madrid asediado.
A Agrupación Mujeres Libres abriu unha Escola de Choferes para mulleres nos Servizos de Sanidade da retagarda. Tamén impartiu cursos para capacitar a mulleres como condutoras de tranvías.
Rodrigo, Antonina (2002). Una mujer libre. Amparo Poch y Gascón, médica y anarquista. Colección Tramontana (en castelán). Barcelona: Flor del Viento Ediciones. ISBN84-89644-76-4.