Ágape (muller)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ágape
editar datos en Wikidata ]

Ágape foi unha nobre galega que propagou as doutrinas gnósticas en Hispania no século VI; isto é, intentou conciliar o cristianismo coa filosofía da antigüidade.[1]

Xunto con Elpidio propagou estas doutrinas en Galicia. Créese que xuntos formaron unha seita que practicaba a pobreza, a castidade e a abstinencia de carne, considerándose iluminados.[1]

Ágape divulgou estas ideas entre as mulleres: Debido ao seu poder persuasivo estas adheríronse con gran facilidade.[1]

Foi discípula dun exipcio chamado Marcos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 GEG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]