Docha Riobóo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Docha Rioboo»)
Infotaula de personaDocha Riobóo
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte figurativa Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFederico Coullaut-Valera Mendigutia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Ferreiro Badía

Páxina webdochalopezrioboo.com Editar o valor em Wikidata

Docha López-Riobóo Latorre[1], máis coñecida como Docha Riobóo, nada na Coruña en 1946, é unha escultora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Docha Riobóo iniciou a súa actividade no mundo da arte a moi temperá idade. Aos 16 anos comezou a súa formación no estudo de Federico Coullaut-Valera (Madrid, 1912) fillo do reputado escultor Lorenzo Coullaut Valera e sobriño-neto do escritor Juan Valera.

Cando só contaba con 17 anos, Docha Riobóo obtivo a Terceira Medalla Salón de Otoño de Madrid; nesa época combinaba a súa actividade co deseño de Porcelanas Bidasoa. En 1969 foi galardoada coa Segunda Medalla Salón de Otoño e no ano 1971 obtivo a Primeira medalla Salón de Otoño no XLI Salón de Otoño organizado pola Asociación Nacional de Pintores y Escultores e que se desenvolveu no Palacio de Cristal do Retiro de Madrid.

A súa obra foi recoñecida con diversos premios como son o Palillo de Oro do Salón Cano (1970, Madrid), o Premio Marqués de las Amarillas (1971, Madrid), o Premio Barrié de la Maza (1974, A Coruña), o Premio Santiago de Santiago (1976, Madrid), ou a Mención Honorífica no Concurso de Proxectos para o Monumento a Simón Bolívar (1978, A Coruña).

A obra de Docha Riobóo, eminentemente figurativa, abarca diversos campos da creación artística, como son o retrato escultórico, a obra monumental, a medalla, o deseño e a restauración.

A súa obra monumental pódese atopar en diversos puntos da xeografía española; realizou en 1972 a escultura Virxe das Rosas en Santa Cruz de Tenerife, en 1973 o Home do Mar en Sanlúcar de Barrameda, Cádiz, en 1977 os murais do Instituto Social da Mariña en Palma de Mallorca, en 1985 realizou os bustos do exterior do edificio A Terraza nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade da Coruña, e posteriormente no ano 1993 as esculturas para as áreas de descanso en Portonovo e A Laracha das estradas dependentes da Xunta de Galicia.

No campo da medalla destaca a realización da Medalla Conmemorativa da Xornada Mundial da Mocidade en Santiago de Compostela no ano 1989, a Medalla Conmemorativa da Inauguración do Museo de Arte Sacra da Coruña no ano 1990, ou a Medalla Conmemorativa do V Centenario da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña, en 1994.

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Palillo de Oro, 1970 Salón Cano, Madrid
  • Primeira Medalla Salón de Otoño, 1971 Madrid
  • Premio Marqués de las Amarillas, 1971, Madrid
  • Premio Barrié de la Maza, 1974, A Coruña
  • Premio Santiago de Santiago, 1976, Madrid
  • Mención Honorífica Monumento a Simón Bolívar, 1978, A Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Catálogo. XL Salón de Otoño. Asociación Nacional de Pintores y Escultores, 1969
  • Catálogo. XLII Salón de Otoño. Asociación Nacional de Pintores y Escultores, 1972

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]