María Currea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Currea
Biografía
Nacemento28 de maio de 1890 Editar o valor em Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista , suffragette Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Liberal Colombiano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Currea, nada en Bogotá o 28 de maio de 1890 e finada ibídem o 23 de maio de 1985, foi unha feminista, política, enfermeira e escritora colombiana cunha destacada participación na loita polos dereitos da muller no seu país que «marcou a existencia das mozas colombianas que se admiraban ante a súa rebeldía e a súa independencia».[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Currea Manrique naceu no seo dunha familia acomodada, filla do xeneral Aníbal Currea Bonilla, heroe da batalla de Cuaspud (1864) e dono dunha estancia, e de Hersilia Manrique Ramírez. Casou con Ruperto Aya, tamén xeneral revolucionario na Guerra do Mil Días, quen a impulsou para que fixese realidade o seu máis grande soño: traballar en defensa dos dereitos da muller».[2]

Por intermedio do seu marido entrevistouse co presidente Olaya Herrera en apoio da Lei 28 de 1932 outorgando os primeiros dereitos civís á muller. En 1937 viaxou aos Estados Unidos onde estudou no Centro Henry Street e se graduou como enfermeira no Presbyterian Hospital de Nova York. Alí estabeleceu contactos coa Comisión Interamericana de Mulleres, converténdose en representante de Colombia, entre os anos 1938 e 1948. Pasou logo a Francia onde obtivo o título de doutora en Filosofía e Letras da Universidade da Sorbona de París.

Quedou viúva en 1953. O goberno conservador promovía un acordo entre os dous partidos dominantes para promover o sufraxio feminino en Colombia. En decembro de 1953 foi novamente nomeada representante de Colombia ante a Comisión Interamericana de Mulleres e en 1954 fundou con Bertha Hernández, esposa do expresidente Mariano Ospina Pérez, a Organización Nacional Feminina e foi incluída polo goberno do xeneral Gustavo Rojas Pinilla na comisión para apoiar a causa do sufraxio feminino na Asemblea Constituínte.[3] Integraban a comisión as conservadoras Josefina Valencia de Hubach e Teresa Santamaría de González (suplente) e as liberais Esmeralda Arboleda de Uribe e María Currea de Aya (suplente).

Apenas aprobada a lei, María Currea mostrouse partidaria da creación dun partido feminino deixando de lado os partidos tradicionais. Nesa posición coincidiría con Ofelia Uribe de Acosta e a Unión Feminina de Colombia, pero non sería apoiada polos movementos feministas conservadores, incluíndo a Bertha Hernández, e socialistas.[4]

Xunto ás súas compañeiras de loita e á súa filla Beatriz Aya de Cárdenas, María Currea percorreu o país impulsando ás colombianas a obter a cédula de cidadanía, o que permitiu finalmente votar por primeira vez no plebiscito de decembro de 1957 a 1 835 255 mulleres.

En 1959 foi elixida concelleiro de Bogotá, primeira muller en alcanzar ese cargo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. María Currea de Aya Arquivado 12 de setembro de 2011 en Wayback Machine.en.
  2. Responsable de la destrucción de Arbeláez (Cundinamarca) o 29 de xaneiro de 1902.
  3. Bertha Hernández de Ospina presidió la nueva organización y María Currea de Aya fue su vicepresidente.
  4. Los derechos de la mujer, El Tiempo, Bogotá, 29 de agosto de 1954.