María Abel Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Abel Diéguez
Nacemento23 de outubro de 1974
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

María Abel Diéguez, nada o 24 de outubro de 1974 en Lugo, é unha atleta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi campioa de España promesa de 5000 metros en 1996. Nese mes ano acadou a mellor marca de España sub-23 na distancia de 2000 metros.

Participou nos Xogos Olímpicos de Sydney no 2000 na categoría de 10000 metros; e nos de Atenas do 2004 en maratón.

Como corredora de cross foi campioa de España nos anos 2000 (Ourense) e 2003 (Ibiza), nesta especialidade xa participara no Campionato do Mundo na categoría júnior en Amorebieta (Biscaia) no 1993.

Tamén participou en catro Campionatos de España na distancia de 10000 metros, onde quedou campioa en Salamanca no ano 1997, en 3º posto en Cáceres no ano 1999, e en Xixón no ano 2000, onde fixo a mellor marca da súa vida nesta distancia (32:02:2); no 2001 en Mataró quedou en 4ª posición. Tamén empezou a competir medias maratón e maratón.

No Maratón de Rotterdam 2001 acadou o 3º posto cunha marca de 2:69:46 h. En 2002 gañou o Maratón de Valencia e o de Frankfurt, neste último acadou a mellor marca da súa vida (2:26:58).

En canto a media maratón, participou no Mundial de Palermo no 1999 e no de Bruxelas no ano 2002. Foi campioa na media maratón en Arona, Tenerife, no 2001 (1:13:30); na de Azkoitia Azpeitia no 2005 quedou no 3º posto cun tempo de 1:16:50 h.

A nivel galego acadou catro títulos galegos en pista, dous de 3000 metros (1994 e 1995, Vigo cuns tempos de 9.33.76 e 9.56.02 respectivamente) un de 1500 metros (1996, Santiago de Compostela, cun tempo de 4.33.78) e outro de 5000 (1997, Vigo, 16.38.67).