Eva Veiga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1961 (63 anos) Ombre, España |
Formación profesional | Filoloxía inglesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora, poetisa |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Premios | |
Eva Veiga Torre nada en Ombre (Pontedeume) o 22 de outubro de 1961, é unha escritora e xornalista galega.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras realizar estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega Galicia no Tempo, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO.
Como actriz, foi a protagonista da longametraxe A cicatriz branca, de Margarita Ledo.[3] Unha grave enfemidade apartouna do seu traballo en Televisión pasando a dedicarse á escrita de artigos en revistas e xornais. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, formou parte do grupo poético-musical Ouriol.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Fuxidíos (1993). Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Paisaxes do baleiro (1999). Xerais. ISBN 978-84-8302-450-8.
- A luz e as súas cicatrices (2005). ISBN Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 106 páxs. ISBN 9788495289667.[5]
- Desconcerto (2006). Biblos Clube de Lectores. 96 páxs. ISBN 978-8493506216.
- A frecha azul do teixo (2010). Espiral Maior. 125 páxs. ISBN 978-8492646494.[6]
- Nesta hora imposible (2010). Penumbra. Con fotos de Mada Carballeira.[7]
- A distancia do tambor (2014). Espiral Maior. 66 páxs. ISBN 978-84-92646-82-1.[8]
- Soño e vértice (2016). Espiral Maior. 69 páxs.[9][10]
- Silencio percutido (2017). Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 978-8492646982.
- Quérote canto (2020). Galaxia. Con Baldo Ramos. 200 páxs. ISBN 978-84-9151-466-4.[11]
- Mansío (2023). Bourel.[12]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Santiago. Cidade de peregrinación (2002).
- Alfonso Costa, con Ánxeles Penas (2008).
Tradución
[editar | editar a fonte]- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- A rúa e outros relatos, de Gerry Adams, 2000, Baía Edicións. Tradución con Ana Gabín Iglesias.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- Accésit do XII Premio Esquío de poesía no 1992, por Fuxidíos.
- Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2011.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2013, por A distancia do tambor.
- Premio da AELG á mellor obra de poesía do 2014, por A distancia do tambor.
- Premio de poesía Concello de Carral no 2015, por Soño e vértice.
- Premio de poesía da Cidade de Ourense no 2015, por Silencio percutido.
- Premio da Crítica de poesía galega 2016, por Soño e vértice.
- 36 Premio Antón Lousada Diéguez 2021, por Quérote canto.[13]
- 2024: Premio de Honra Fernando Rey por "facer posíbel unha televisión pública comprometida", entregado pola Academia Galega do Audiovisual.[14]
Televisión
[editar | editar a fonte]- Entre nós (1987)[15]
- Mesa reservada (1988)
- De perfil (1989)
- Galicia no tempo (1991)
- A conta atrás (1992)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eva Veiga". www.aelg.gal. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ "Eva Veiga". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2020. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ "Eva Veiga [Poesía contra coronavirus]". ALGUÉN QUE RESPIRA! Festival de Poesía para Corpo Principal. 2020-03-18. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ "Sirgo Torcendo. Cultural Management - Escena - Grupo Ouriol". www.sirgotorcendo.com. Consultado o 2021-05-09.
- ↑ "Eva Veiga interroga á vida en «A luz e as súas cicatrices»". La Voz de Galicia. 2006-03-15. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ Nicolás, Ramón (2011-04-27). "A frecha azul do teixo, de Eva Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ "Eva Veiga AB2017" (PDF). anuario brigantino. Consultado o 2020/11/01.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-12-29). "A distancia do tambor, de Eva Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ Nicolás, Ramón (2017-05-23). "Soño e vértice, de Eva Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-11-01.
- ↑ Valverde, Alberte (2016). "Viaxe a través da luz: Soño e vértice, Eva Veiga, Espiral maior, 2016, 70 páxinas". Grial: revista galega de cultura 54 (Extra 212): 86–87. ISSN 0017-4181.
- ↑ Seara, Teresa (Xullo, agosto, setembro 2020). "Certeza e anunciación". Grial. LVIII (227): 68–69. ISSN 0017-4181.
- ↑ Mariño Dávila, Esperanza (Xullo, agosto, setembro 2023). "A audacia do mergullo na vida e mais na morte". Grial (xullo, agosto, setembro 2023) LXI (239): 102–103. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Os premios Losada Diéguez reivindican a figura do escritor ourensán na súa 36.ª edición". La Voz de Galicia. 2021-06-13. Consultado o 2022-04-24.
- ↑ Diario, Nós (2024-02-13). "A xornalista Eva Veiga, premio de honra Fernando Rey por "facer posíbel unha televisión pública comprometida"". Nós Diario. Consultado o 2024-02-14.
- ↑ "Eva Veiga". IMDb. Consultado o 2020-11-01.