Eugenia Pereira Rodríguez
Eugenia Pereira Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1895 |
Lugar de nacemento | O Carballiño |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1984 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | farmacéutica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895[1] e finada en Barcelona o 27 de xaneiro de 1984,[2] foi unha farmacéutica galega, a primeira muller galega que obtivo a licenciatura de Farmacia de acordo coa Lei de 1910.[3] Anteriormente, Manuela Barreiro Pico obtivera dita licenciatura grazas a un permiso.[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa nai, Purificación Rodríguez, era comerciante. Non foi recoñecida polo seu pai, César Pereira Munín, avogado e notario, e fillo tamén dun notario, até o ano 1913. Estudou tres anos por libre no Instituto provincial de Ourense, hoxe Instituto Otero Pedrayo.[5] Conseguiu sortear a oposición do seu pai e continuar os estudos na universidade.
Inscribiuse en Farmacia en 1917 na Universidade de Santiago de Compostela combinando a opción libre e oficial e licenciouse en 1922-1923.[5][6] En 1920 tamén realizou na Facultade de Medicina a especialidade de hixienista[Cómpre referencia]. Doutorouse en Química pola Universidade Central de Madrid, e pouco despois en Farmacia. Segundo consta no seu expediente universitario, presentou a memoria Aplicación del Cloro en la depuración bacteriológica de las aguas potables de Madrid na Sociedad Española de Higiene.[6] Foi a primeira galega que formou parte da Sociedade Española de Física e Química, en 1922.[7]
en 1924, foi a primeira licenciada galega en conseguir unha bolsa de estudos da Junta de Ampliación de Estudos a través da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela para ampliar os seus coñecementos en enoloxía en 1923, viaxando a École Chimie en Bordeos,[1] Francia, e tamén conseguiu outra que lle permitiu traballar no Instituto Pasteur de París.[2]
En 1927[8] obtivo a praza de xefa do laboratorio químico da aduana de Barcelona,[9] á que se presentara con vistas á futura creación dunha praza en Vigo. Alí monta o seu propio laboratorio,[10] que inicialmente chamouse Pemur e logo Pereira, situado en Castelldefels.[11] Eugenia rexistrou a seu nome varias patentes[12] relacionadas coa fabricación de pasta dentífrica. Deste laboratorio saíron moitos produtos, entre eles a pasta dentífrica Pemur, o Fluident,[1] lapis de beizos, tratamentos para o calzado, preparados de pólvora, como o Soldent[13] e medicamentos para a muller, como as pílulas circasianas.[11] O primeiro deterxente líquido que se vendeu en España saíu deste laboratorio.[2]
Casou con Manuel Castells e tivo dúas fillas, María Eugenia e Aurora.[14] Maria Eugenia Castells Pereira foi premio extraordinario de licenciatura en Farmacia[15] e en xuño de 2013 figuraba o seu nomeamento como presidenta dunha SICAV.[16]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Macho Stadler, Marta (23 de marzo de 2021). "Eugenia Pereira Rodríguez, una orensana pionera en farmacia". mujeresconciencia.com (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Rodríguez Villar, Alejandra Juno (2012). "Eugenia Pereira Rodriguez". En Iglesias, Isabel. Proxecto de investigación e recuperación da memoria histórica das empresarias na provincia de A Coruña. FEDACEPE. ISBN 978-84-9812-165-0.
- ↑ Brasa Arias, Beatriz (2011). La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971) [tese de doutoramento]. p. 100.
- ↑ "Pioneiras de Ciencias de Lugo | Colectivo Egeria". colectivoegeria.org. Consultado o 2022-01-09.
- ↑ 5,0 5,1 Cid Galante, Rosa María (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria". Minius (XII): 73–102.
- ↑ 6,0 6,1 Universidade de Santiago de Compostela. Arquivo Histórico Universitario. Expedientes personales, Leg. 1.044, Exp. 16
- ↑ Gurriarán (2011)
- ↑ "Nombramientos". La Vanguardia (en castelán). 10/2/1927.
- ↑ Cid Galante, Rosa María. "Eugenia Pereira Rodríguez". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 10/3/2018.
- ↑ "″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″". Praza Pública. 2021-06-01. Consultado o 2021-06-01.
- ↑ 11,0 11,1 "Píldoras circasianas, Laboratorio Pereira (Casteldefells)". Pharmakoteka: base de dades de medicaments antis.
- ↑ ES0144204 A3 (16.02.1939); ES0144205 A1 (16.04.1942)
- ↑ "Soldent, laboratorio Pemur". Pharmakoteka: base de dades de medicaments antics.
- ↑ "Necrolóxica: Eugenia Pereira Rodríguez". La Vanguardia. 28/1/1984. p. 18.
- ↑ "Solemne apertura del curso académico en la Universidad". La Vanguardia Española. 6/10/1956.
- ↑ "Sociedades de Inversión". Comision Nacional del Mercado de Valores. Consultado o 15/3/2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bande Rodríguez, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense. 1846-2005, Galaxia, Vigo, pp. 338–339.
- Benso Calvo, M. Carmen; Cid Galante, Rosa María (2007). "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)". Historia de la educación: Revista interuniversitaria (26): 437–470. ISSN 0212-0267.
- Cid Galante, R. M.ª (2003). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1930) (I)". Minius (UVigo) (XI): 139–155. ISSN 1131-5989.
- ————————— (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II)". Minius (UVigo) (XII): 73–102. ISSN 1131-5989.
- Gurriarán, Ricardo (2011). "As viaxes científicas e a súa achega para a construción do pensamento en Galicia". Viaxes e construción do pensamento. pp. 93–126.
- Iglesias, Isabel (2012). Proxecto de investigación e recuperación da memoria histórica das empresarias na Provincia de A Coruña. FEDACEPE. ISBN 978-84-9812-165-0.
- Pintos Barral, Xoana. (2016). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. [Tese de doutoramento]
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros., Galaxia, Vigo.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Eugenia Pereira Rodriguez una orensana pionera en farmacia/ no blog de Mujeres con Ciencia.
- Eugenia Pereira, científica galega e muller pioneira da farmacia en Gciencia.
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |