Cristina García López
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de decembro de 1977 Ourense, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista radiofónica |
| Empregador | Radio Galega |
| Premios | |
Cristina García López, nada en Ourense en 1977, é unha xornalista galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar na TVG no ano 2000, no programa de Ana Kiro. Presentou o espazo A tarde na Radio Galega durante oito tempadas. É coordinadora de diferentes espazos da Radio Galega e presentadora, xunto a Kiko Novoa e Marcos Pereiro, do Galicia por Diante.
É creadora do podcast Superando a ficción.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2004: Premio ao Mellor Traballo Emitido da Asociación Galega de Radiodifusión.
- 2022: II Premio de xornalismo ético no tratamento da violencia machista Sesé Mateo polo episodio "Mentres dormes" do podcast Superando a ficción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cristina García: “Hai que saber calar, os protagonistas dos programas son os convidados” en noticieirogalego.com