María de Maeztu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría de Maeztu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) María de Maeztu y Whitney Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iker segovia valentino Editar o valor em Wikidata
18 de xullo de 1881 Editar o valor em Wikidata
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Mar del Plata, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade Philipps de Marburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPedagoxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpedagoga , humanista (pt) Traducir , política , feminista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorResidencia de Señoritas Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisManuel de Maeztu Rodríguez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Juana Whitney (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGustavo de Maeztu e Ramiro de Maeztu Editar o valor em Wikidata

María de Maeztu Whitney, nada en Gasteiz o 18 de xullo de 1881 e finada en Mar del Plata (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1948, foi unha pedagoga e humanista española. Irmá de Ramiro e Gustavo de Maeztu, dirixiu e impulsou a Residencia de Señoritas entre 1915 e 1936.[1] Amais, formou parte da xunta directora do Instituto-Escuela e presidiu o Lyceum Club Femenino (1926-1936). Morreu no exilio na Arxentina ós 66 anos de idade.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi Manuel de Maeztu Rodríguez, enxeñeiro e terratenente cubano de orixe vasco-navarra. A súa nai foi Juana Whitney y Donè,[3] filla dun diplomático inglés e de orixe francesa por parte materna.​ Establecidos en Vitoria, Manuel de Maeztu trasladouse a Cuba en 1894 para xestionar o seu patrimonio, mais morreu alí ese mesmo ano. Por causa da Guerra de Cuba, o patrimonio familiar viuse seriamente minguado e afectou notabelmente a Juana Whitney e aos cinco fillos, Ramiro, Ángela, Miguel, María e Gustavo. A familia tivo que trasladarse a Bilbao, onde Juana abriu a Academia Anglo-Francesa,[3] especie de "residencia de señoritas". María colaborou nela de xeito activo.

María licenciouse pola Escola Normal de Maxisterio de Vitoria (1896-98). En 1902 comezou a exercer nunha escola pública de Santander. Foi destinada a Bilbao cinco meses despois e a Madrid en 1909. Da su experiencia como mestra chegará a conclusións como a formulada na Universidade de Oviedo máis tarde:

É verdade o dito antigo de que a letra con sangue entra, pero non ha ser coa do neno, senón coa do mestre. [a][4]

Seguiu mentres a súa formación universitaria. En 1909 matriculouse como alumna non oficial na Universidade de Salamanca e posteriormente en Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras en 1915.[5]

Foi pensionada pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas a partir de 1908.[5] O seu coñecemento de idiomas e espírito fixérona idónea para varios proxectos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cita na lingua orixinal: Es verdad el dicho antiguo de que la letra con sangre entra, pero no ha de ser con la del niño, sino con la del maestro.
Referencias
  1. Ramil, Raquel Vázquez (2015). "La Residencia de Señoritas de Madrid durante la II República: entre la alta cultura y el brillo social". Espacio, Tiempo y Educación 2 (1): 323–346. ISSN 2340-7263. 
  2. "protagonistas - centenario de la creación de la junta para ampliación de estudios e investigaciones científicas (1907-1939)". www.residencia.csic.es. Consultado o 2021-01-03. 
  3. 3,0 3,1 "Whitney, Juana - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2021-01-03. 
  4. Escritoras y Pensadoras Europeas. (en castelán). Sevilla: Arcibel Editores. 2007. p. 604. ISBN 978-84-935374-8-7. OCLC 212740027. 
  5. 5,0 5,1 "María de Maeztu y Whitney". dbe.rah.es. Consultado o 2021-01-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]