Wikimaratón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sesión de traballo do Editatón do Día da Ciencia en Galego.

Un wikimaratón, ou editatón, é unha reunión á que os participantes asisten (física ou virtualmente) para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el.[1]

Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

Estas sesións introdutorias adoitan ser desenvolvidas por wikipedistas expertos, que ademais continúan atendendo dúbidas no transcurso da sesión de traballo.

Os wikimaratóns teñen lugar en diferentes lugares como museos ou bibliotecas, e inclúen temas como lugares de interese cultural, coleccións de museos, historia das mulleres, arte, feminismo, redución da fenda de xénero en Wikipedia, e outros.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editatones Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Smith, Michelle R. (16 de outubro de 2013). "'Edit-A-Thon' Aims To Fix Gender Inequality On Wikipedia". Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2013. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 
  3. Katzner, Ben (1 de febreiro de 2014). "SCSU group participates in edit-a-thon for Wikipedia website". St. Cloud Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2014. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 
  4. Koh, Adeline (30 de maio de 2013). "How to Organize Your Own Wikipedia Edit-a-Thon". The Chronicle of Higher Education. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]