Helena de Carlos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Helena de Carlos | |
---|---|
Nome completo | Helena de Carlos |
Nacemento | 23 de maio de 1964 |
Lugar de nacemento | A Barca de Barbantes |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora, profesora universitaria e latinista |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Helena de Carlos Villamarín, nada na Barca de Barbantes (Cenlle) o 23 de maio de 1964, é unha poeta e latinista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nace en Cenlle, pasa a súa infancia e mocidade en Vigo. É doutora en Filoloxía clásica e profesora titular do departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en estudos sobre a latinidade medieval, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa, Múnic e Florencia. Colaborou en diversas publicacións como Nordés, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Ólisbos e Alquimia.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Alta casa (1996, Espiral Maior).
- 1999 (2001, Xerais).
- Aracné 3 (2006, antoloxía, Concello de Santiago de Compostela).
- Vigo (2007, Galaxia).
Traducións[editar | editar a fonte]
- Consolación da filosofía, de Boecio, (2005, Galaxia).
- Utopía, de Tomás Moro (2011, Universidade de Santiago de Compostela).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- O mar de adentro (1990, Edicións do Dragón).
- Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa, (2007, Portugalizando, Lisboa).
- Escritos jacobeos (2010, Universidade de Santiago de Compostela).
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio da Crítica de poesía galega no 2007, por Vigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.