Carmen Babiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Carmen Babiano
Carmen Babiano2.jpg
Nome completo Carmen Babiano Méndez-Núñez
Nacemento 1852
  Santiago de Compostela
Falecemento 2 de setembro de 1914
  Pontevedra
Nacionalidade España
Ocupación pintora
editar datos en Wikidata ]

Carmen Babiano Méndez-Núñez, nada en Santiago de Compostela en 1852 e finada en Pontevedra o 2 de setembro de 1914, foi unha pintora galega correspondente ao movemento realista de finais do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de José Babiano Rodríguez, coronel do exército, e de María del Carmen Clara Méndez Núñez, irmá do célebre almirante Casto Méndez Núñez. Sendo moi nena trasladouse a vivir a Pontevedra cos seus pais, ao domicilio da súa tía Soledad quen residía nun palacete, a villa Méndez Nuñez. Rodeada dun ambiente cultural e sendo partícipe das múltiples reunións e faladoiros que se celebraban no seu fogar, ás que acudían os persoeiros máis relevantes da época nos ámbitos da política, cultura, etc.[1], Carmen pronto destacou como unha pintora con moita proxección de futuro. O seu talento foi fomentado polos seus pais que lle procuraron clases de pintura co pintor catalán Ramón Vives Ayné, que se encontraba destinado no Instituto de Pontevedra.[2]

Participou en varias exposicións con éxito notable. A súa obra destaca polo seu realismo, aínda que carece dun estilo propio. Ademais do óleo practicou a técnica do debuxo, realizando espléndidos cadros da vida cotiá que foron publicados nalgunhas revistas. Foi colaboradora da revista La Ilustración Gallega y Asturiana.

En 1883 casou co médico Víctor Mendoza Múñoz, momento no que antepoñería o apelido Mendoza ao de Méndez-Núñez, polo que nalgúns círculos a coñecen como Carmen Babiano Mendoza. A partir dese ano deixou de lado a súa faceta pictórica, aínda que o seu fogar seguiría aberto ao máis florido da cultura pontevedresa[3][2]. Por ese salón pasaron, entre outros, o pintor Carlos Sobrino, a escritora Emilia Pardo Bazán, o músico Manuel Quiroga Losada, o arqueólogo Casto Sampedro[4], os irmáns Andrés e Jesús Muruais, etcétera.

Deixou un legado artístico que consta de máis de 100 obras pictóricas que hoxe se conservan no Museo de Pontevedra.

Traballos[editar | editar a fonte]

As pitas.

En 1875 participou na Exposición Rexional e Industrial e Artística de Galicia de Santiago de Compostela, onde presentou dous óleos e dúas paisaxes a lapis, copia de gravados, todos de carácter realista[5]. No mesmo ano, nos Xogos Florais de Pontevedra, conseguiu a medalla de bronce cun Ecce Homo. En 1878, na Coruña, presentou un retrato do seu tío, o almirante Méndez Núñez[6]. Na Exposición Rexional de 1880 celebrada en Pontevedra presentou o cadro titulado Unha nena dando de comer a unhas galiñas[5] ou As pitas, onde destaca o realismo que caracteriza a súa obra.

Realizou moitos debuxos, bosquexos anatómicos, paisaxes, bodegóns. Desenvolveu unha temática moi variada na súa obra, manténdose sempre dentro dun realismo case fotográfico.

Gravados publicados na revista La Ilustración Gallega y Asturiana:

  • Ruinas da igrexa de Santo Domingo de Pontevedra (1879)[7]
  • Cercanías de Pontevedra (1881): "Río de Pelamios", "Olería no camiño do Lérez", "Grupo de casas no barrio da Moureira"[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. V. (30 xullo 1882). "[Pontevedra 23]". La Correspondencia de España : diario universal de noticias (8895): 2. 
  2. 2,0 2,1 Conde, María (30 marzo 2014). "Carmen Babiano, pontevedresa pionera en el arte femenino". La Voz de Galicia (ed. dixital). 
  3. Conde, María (30 marzo 2014). "Carmen Babiano, pontevedresa pionera en el arte femenino". La Voz de Galicia. Consultado o 11 marzo 2018. 
  4. Filgueira Valverde, Xosé Fernando (1 novembro 1982). "Cuatro musicologos gallegos". Ritmo : revista musical ilustrada (527): 1–2. 
  5. 5,0 5,1 Maura, León M. (25 marzo 1891). "Biografías gallegas: Carmen Babiano". El regional: diario de Lugo (2482): 1–2. 
  6. Waters, Clara Erskine Clement (1904). . Women in the Fine Arts: From the Seventh Century B.C. to the Twentieth Century A.D. (en inglés). Houghton: Mifflin. p. 22. 
  7. Babiano, Carmen (20 decembro 1879). "Ruinas de la iglesia de Santo Domingo de Pontevedra". La ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada (35): 12. 
  8. Babiano, Carmen (28 febreiro 1881). "Cercanías de Pontevedra". La Ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada III (6): 6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]