Saltar ao contido

Universidade de Kyoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Kyoto
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
京都大学 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
自由の学風 Editar o valor en Wikidata
 Ten o papel
 Lista do elemento
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
Implicados
 Mantido por
 Presidente/a
Nagahiro Minato (en) Traducir 1 de outubro de 2020
Juichi Yamagiwa (en) Traducir 1 de outubro de 2014 - 30 de setembro de 2020
Hiroshi Matsumoto (en) Traducir 1 de outubro de 2008 - 30 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
 Afiliación
Datas
 Fundación / creación
18 de xuño de 1897 Editar o valor en Wikidata
 Día periódico
 Inauguración
1897 Editar o valor en Wikidata
Historia
1913Q11553205 Traducir
1925Q11374944 Traducir
1933Takigawa incident (en) Traducir
1951Kyodai-Tenno incident (en) Traducir
1951Q11607091 Traducir
1953Kojinbashi incident (en) Traducir
1993Q11584333 Traducir
2005Q11374898 Traducir
2011University entrance exam question online posting incident Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Cifras e dimensións
Estudantes22365 (1 de maio de 2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF156538319 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000109462736 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/019q50 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI22299242 e P4310313424 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Kyoto.Univ Twitter: univkyoto Instagram: kyotouniversity.jp Youtube: UC3ikR0k6iSoz7DcdRsXS2xA BNE: XX220978 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Kyoto[1] (京都大学, Kyōto Daigaku, abreviado 京大, Kyōdai) é unha institución nacional de educación superior situada en Kyoto, Xapón. Fundada en 1897, é a segunda universidade máis antiga do Xapón e unha das máis prestixiosas, xa que produciu cinco premios Nobel e dous gañadores da medalla Fields. Tamén é coñecida pola Escola de Kyoto, unha importante corrente de pensamento desenvolvida polos profesores de filosofía da universidade, en particular Kitaro Nishida e Hajime Taname.

A Universidade de Kyoto ten sona no Xapón de brindar liberdade aos seus estudantes e profesores.

Fundación e primeira metade do século XX

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Kyoto foi fundada o 18 de xuño de 1897, entón chamada Universidade Imperial de Kyoto. Esta denominación deixou de utilizarse co fin da segunda guerra mundial.

Inicialmente, os decanos da universidade foron elixidos polo Ministerio de Educación xaponés, pero baixo a presión dos profesores, o decano foi elixido polo profesorado a partir de 1919.

Da segunda metade do século XX á actualidade

[editar | editar a fonte]

Na década de 1960, os estudantes universitarios de todo Xapón participaron en intensas protestas e movementos sociais, e algúns estudantes mesmo participaron nunha loita armada . Os estudantes da Universidade de Kyoto daquela tiveron un papel protagonista nesta mobilización estudantil.


En 1953, a universidade experimentou un profundo cambio no seu sistema docente, principalmente no sistema de posgrao, comezando a salientar cada vez máis o desenvolvemento da investigación a este nivel.

En 2004, aprobouse unha lei que converteu todas as universidades nacionais xaponesas (incluída a Universidade de Kyoto) en corporacións . Isto en teoría daba á universidade unha maior autonomía respecto ao goberno, pero ao mesmo tempo suxeitaba máis ás influencias do sector privado para recadar fondos.

Institución

[editar | editar a fonte]

Segundo os datos de 2007, a Universidade de Kyoto conta con 22.758 estudantes matriculados, dos cales 13.381 son estudantes de grao e 9.377 son estudantes de posgrao. A facultade está formada por 2.872 profesores.

A universidade está formada por 10 unidades de grao, 16 unidades de posgrao, 13 institutos de investigación, 21 centros educativos, así como un museo, un hospital e varias bibliotecas.

A universidade ten tres campus : Yoshida, Katsura e Uji. No campus de Yoshida, tamén coñecido como o campus principal, atópase a Torre do Reloxo, o símbolo máis famoso da universidade.

Recoñecementos de profesores e alumnos da Universidade

[editar | editar a fonte]

Gañadores do Premio Nobel

[editar | editar a fonte]

Gañadores da Medalla Fields

[editar | editar a fonte]
  • 1970 : Heisuke Hironaka
  • 1990 : Shigefumi Mori

Gañadores do premio John Maddox

[editar | editar a fonte]

Clasificacións

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Kyoto ocupa o posto 22º na Clasificación Académica de Universidades Mundiais publicado pola Universidade de Shanghai Jiao Tong, 25ª posición no THES-QS World University Rankings publicado por The Times Higher Education Supplement e Quacquarelli Symonds, e 29ª posición no Top 100 Global Universities Ranking da revista Newsweek.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]