John Kendrew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «John Cowdery Kendrew»)
John Cowdery Kendrew
John Cowdery Kendrew xunto a un modelo de mioglobina no seu laboratorio.
Datos persoais
Nacemento24 de marzo de 1917
LugarOxford Inglaterra Inglaterra
Falecemento23 de agosto de 1997
LugarCambridge Inglaterra Inglaterra
ResidenciaInglaterra Inglaterra
Nacionalidadeinglés
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Cambridge
  • Director de tese
  • Max Ferdinand Perutz
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Cristalografía
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1962)
  • editar datos en Wikidata ]

    John Cowdery Kendrew, nado o 24 de marzo de 1917 en Oxford (Inglaterra) e finado o 23 de agosto de 1997 en Cambridge, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde se licenciou en 1939.

    Durante a segunda guerra mundial prestou servizos no Ministerio de Produción Aeronáutica, inicialmente na súa investigacións acerca da cinética das reaccións e posteriormente no desenvolvemento do radar.

    En 1940 alistouse nas investigacións operacionais da Royal Air Force (R.A.F.) inglesa, conseguindo o grao de comandante do aire da R.A.F.

    Durante os anos da guerra, interesouse nos problemas bioquímicos e decidiu traballar nas estruturas das proteínas.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Adxunto de Max Ferdinand Perutz no Laboratorio de Bioloxía Molecular do Britain's Medical Research Council, colaborou con el no estudo da estrutura das proteínas dos glóbulos vermellos, realizando investigacións paralelas ás de Perutz sobre a proteína muscular denominada mioglobina. Os diagramas de difracción de raios X nas cadeas peptídicas que constitúen a molécula da mioglobina e na cal fixáronse previamente átomos pesados de ouro ou mercurio, permitíronlle dilucidar a estrutura espacial desta molécula en 1959. En 1962 compartiu con Perutz o Premio Nobel de Química por estes traballos.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Melvin Calvin
    Premio Nobel de Química

    1962
    con
    Max Ferdinand Perutz
    Sucesor:
    Karl Ziegler
    e
    Giulio Natta