Cantón de Zürich
Cantón de Zürich | |||
---|---|---|---|
Kanton Zürich | |||
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Zúric | ||
• Poboación | 358 540 (2007) | ||
Lingua oficial | Alemán | ||
Forma de goberno | Cantón | ||
Ingreso | 1351 | ||
Superficie | Posto 7º | ||
• Total | 1 729 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 1º | ||
• Total | 1 326 775 hab. | ||
• Densidade | 767 hab./km² | ||
Xentilicio | Zuriqués | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .ch | ||
Código ISO | CH-ZH | ||
O cantón de Zürich[1](en alemán Zürich, en francés Zurich, en italiano Zurigo, en romanche Turigt) é un dos vinte e seis cantóns suízos. Zúric, a súa capital, é coñecida como a metrópole máis pequena do mundo.
Zuric é o cantón máis poboado de Suíza, con máis de 1 300 000 habitantes. A lingua oficial do cantón é o alemán, aínda que a maioría da poboación fala un dialecto alemán chamado Züritüütsch, que é unha das variantes do Schwiizerdütsch.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O cantón sitúase ao norte dos Alpes. Limita ao norte co cantón de Schaffhausen e con Baden-Wurtemberg (Alemaña), ao sur cos de Zug e Schwyz, ao leste cos de Turgovia e Sankt Gallen, e ao oeste co de Argovia. Gran parte do lago de Zúric pertence ao cantón.
Ten 1.729 km², dos que o 80 % é considerado territorio produtivo. As fragas cobren 505 km², e os lagos 73 km². Os lagos máis importantes son o de Zúric, o Greifensee e o Pfäffikersee.
A maior parte do cantón está formada por estreitos vales fluviais estreitos dirixidos cara ao norte, desembocando no río Rin. As zonas máis motañosas están cara ao noroeste e o sueste. O río Linth é o principal afluente do lago de Zúric, do que sae o río Limmat, que constitúe o val máis importante do cantón.
Historia[editar | editar a fonte]
O cantón de Zúric está constituído polos territorios adquiridos pola capital até finais de 1803. A parte baixa do cantón foi anexionada ao territorio zuriqués en 1362. A parte norte entrou a formar parte logo de que arrebatarlle aos Habsburgo a cidade de Winterthur en 1467. A constitución cantonal foi promulgada en 1869.
Economía[editar | editar a fonte]
Gran parte do territorio é cultivado, especialmente cara ao norte e o leste, pero o cantón de Zúric non se considerada unha zona agrícola. A industria manufactureira predomina en todo o cantón, destacando as súas empresas e desenvolvemento técnico. No pasado foron importantes os tecidos de seda e algodón, e aínda seguen a ser actividades relevantes para a economía local. O cantón de Zúric é o de maiores ingresos da confederación Helvética, sendo sede de importantes empresas, ademais de contar coa cidade de Zúric, capital económica de Suíza.
Transporte[editar | editar a fonte]
Os ferrocarrís atravesan os principais vales do cantón. O nó central de comunicacións está en Zúric, onde un gran número de ferrocarrís se conectan ao sistema nacional e internacional de transporte ferroviario. A estación de trens de Zúrich é a máis importante de Suíza, ademais de ser unha das máis transitadas do mundo. As principais compañías europeas, como SBB, ÖBB ou DB, conectan Zúric coas principais capitais de Europa.
O aeroporto máis importante de Suíza está tamén no cantón de Zúric, o Aeroporto Internacional de Zúric, a 12 km do centro da cidade, sede da compañía suíza de aviación, a Swiss International Air Lines.
Distritos[editar | editar a fonte]
O cantón de Zúric está dividido en doce distritos:
- Zúric
- Affoltern
- Andelfingen
- Bülach
- Dielsdorf
- Dietikon
- Hinwil
- Horgen
- Meilen
- Pfäffikon
- Uster
- Winterthur
- Véxase tamén: Comunas de Zúrich.
Cidades[editar | editar a fonte]
Comuna | Poboación (31 de decembro de 2005) |
---|---|
Zúric | 343.157 habitantes |
Winterthur | 92.963 habitantes |
Uster | 29.730 habitantes |
Dübendorf | 22.562 habitantes |
Dietikon | 22.104 habitantes |
Wetzikon | 19.313 habitantes |
Wädenswil | 19.298 habitantes |
Horgen | 17.812 habitantes |
Kloten | 16.949 habitantes |
Thalwil | 16.281 habitantes |
Adliswil | 15.623 habitantes |
Regensdorf | 15.425 habitantes |
Volketswil | 15.097 habitantes |
Illnau-Effretikon | 15.021 habitantes |
Bülach | 14.815 Habitantes |
Schlieren | 13.211 habitantes |
Küsnacht | 12.869 habitantes |
Opfikon | 12.779 habitantes |
Stäfa | 12.721 habitantes |
Wallisellen | 12.367 habitantes |
Zollikon | 11.770 habitantes |
Meilen | 11.767 habitantes |
Richterswil | 11.359 habitantes |
Rüti | 11.347 habitantes |
Affoltern am Albis | 10.133 habitantes |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zuriqués.