Exportación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A exportación é a acción de vender ao estranxeiro unha parte da produción de bens ou servizos dun conxunto económico ou país. É un termo reflexo do de importación do xeito que unha venda do país A ao país B representa unha compra do país B ao país A

Importancia económica[editar | editar a fonte]

Esta actividade económica e comercial é considerada como moi importante. Particularmente porque permite adquirir divisas, que son para un país medios de intervención económica e financeira nos mercados exteriores (por exemplo para bens de equipo ou para obter materias primas) Por outra banda, as exportacións permiten estimular unha economía valorizando o traballo dun país sobre o dos outros e asegurando a supervivencia das súas empresas que, no cadro da mundialización, está fortemente ligada ás súas posicións no mercado mundial.