An Cailín Ciúin
| An Cailín Ciúin | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
An Cailín Ciúin é un filme irlandés de 2022 dirixido e escrito por Colm Bairéad[1][2] e rodado en lingua irlandesa. Ambientado en 1981, o filme conta a historia dunha nena de nove anos que vive nun fogar amoroso por primeira vez cando pasa o verán nunha granxa con parentes en Rinn Gaeltacht, no condado de Waterford.
Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios[3] e converteuse no primeiro filme irlandés nomeado nesa categoría.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Irlanda, 1981. Unha nena retraída de nove anos vive nun fogar amoroso por primeira vez cando pasa o verán nunha granxa cuns familiares; mais a súa familia de acollida ten un segredo.
Produción
[editar | editar a fonte]An Cailín Ciúin baséase en Foster, unha novela en inglés de 2010 escrita por Claire Keegan. O filme foi titulado orixinalmente Fanacht ("Agardando"). Foi rodado en Dublín e no condado de Meath, con localizacións en Summerhill, Moynalvey (incluíndo Fagan's Pub), Curraghtown, Garlow Cross, Trim e Clonymeath.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "An Cailín Ciúin". Break Out Pictures.
- ↑ "Irish feature films An Cailín Ciúin (The Quiet Girl) and About Joan selected for the Berlin International Film Festival". www.screenireland.ie.
- ↑ Ramachandran, Naman (2 de agosto de 2022). "Oscars Race: Ireland Submits ‘The Quiet Girl’ for Best International Feature Film". Variety. Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Oscars 2023: Record 14 Irish nominations as The Banshees of Inisherin and An Cailín Ciúin lead charge". The Irish Times. 24 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Meath-made film wins Grand Prix award at Berlin festival". Meath Chronicle.
- ↑ "Fanacht | Screen Ireland". www.screenireland.ie. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2023. Consultado o 10 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- An Cailín Ciúin na IMDb (en inglés).