Lásky jedné plavovlásky
| Lásky jedné plavovlásky | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
Lásky jedné plavovlásky é un filme checoslovaco de 1965 dirixido por Miloš Forman.[1] Conta a historia dunha muller nova, Andula, que ten un traballo rutineiro nunha fábrica de zapatos e que tenta estabelecer unha relación amorosa. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 39ª edición dos premios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Andula é unha traballadora que vive nunha colonia dunha fábrica. Logo dunha festa fai o amor con Milda, pianista dunha banda que visita a colonia. Despois desta experiencia, Andula marcha a Praga, onde vive Milda, sen que el o saiba. Mais Milda vive cos seus pais e comeza unha cómica situación pola visitante inesperada.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hana Brejchová como Andula
- Vladimír Pucholt como Milda
- Vladimír Menšík como Vacovský
- Ivan Kheil como Maňas
- Jiří Hrubý como Burda
- Milada Ježková como nai de Milda
- Josef Šebánek como pai de Milda
- Josef Kolb como Pokorný
- Marie Salačová como Marie
- Jana Nováková como Jana
- Táňa Zelinková como Girl
- Zdena Lorencová como Zdena
- Jan Vostrčil como coronel
- Antonín Blažejovský como Tonda
Recepción
[editar | editar a fonte]Trala súa estrea, Lásky jedné plavovlásky foi un éxito popular no seu país e foi proxectado en varios festivais importantes. O filme foi candidato ao Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[2] A revista Empire situouno no posto 89 dos "100 Mellores Filme do Mundo" en 2010.[3]
A crítica checoslovaca tendeu a centrarse na negatividade que se percibía no filme sobre as condicións sociais e políticas do país, e por iso non foi distribuído na Unión Soviética.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Loves of a Blonde (Lásky jedné plavovlásky) (1966)". Rotten Tomatoes. Consultado o 16 de abril de 2018.
A low-key black-and-white ensemble comedy, Loves of a Blonde was cast predominantly with non-professional actors.
- ↑ "The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 9-11-2011.
- ↑ "The 100 Best Films Of World Cinema – 89. Loves of a Blonde". Empire. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 18 de maio de 2020.
- ↑ Hames, 119.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forman, Miloš and Jan Novák. Turnaround: A Memoir. Nova York: Villard Books, 1994. ISBN 978-0679400639
- Hames, Peter. The Czechoslovak New Wave. Londres: Wallflower Press, 2005. ISBN 978-1904764427
- Liehm, Antonin J. The Miloš Forman stories. White Plains NY: International Arts and Sciences Press, 1975. ISBN 9780873320511
- Slater, Thomas J. Miloš Forman: A Bio-Bibliography. Nova York: Greenwood, 1985. ISBN 978-0313253928
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lásky jedné plavovlásky na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Criterion Collection essay by David Kehr Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
- Loves of a Blonde review from the New York Times.