Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións
notas |
|||
Liña 34: | Liña 34: | ||
A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do [[Museo Militar Rexional da Coruña]], onde se expón o seu fusil. |
A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do [[Museo Militar Rexional da Coruña]], onde se expón o seu fusil. |
||
==Galería de |
==Galería de imaxes== |
||
{{Galería |
{{Galería |
||
|lines=3 |
|||
|File:Homenaxe a Foucellas A Costa A Regueira Oza Cesuras A Coruña.jpg|Homenaxe a Foucellas na Costa. |
|File:Homenaxe a Foucellas A Costa A Regueira Oza Cesuras A Coruña.jpg|Homenaxe a Foucellas na Costa. |
||
|File:Museo das mariñas Betanzos.jpg|Cuartel da Garda Civil en Betanzos, actualmente Museo das Mariñas. |
|File:Museo das mariñas Betanzos.jpg|Cuartel da Garda Civil en Betanzos, actualmente Museo das Mariñas. |
Revisión como estaba o 3 de novembro de 2018 ás 15:39
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1908 As Foucellas, España |
Morte | 7 de agosto de 1952 (43 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | Pena de morte (Garrote ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | anarcosindicalista , mineiro , guerreiro , sindicalista , político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | María Pérez Mellid |
Fillos | Pepiña (1936) e Sergio (1939)[1] |
Lista
|
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT[2] e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 en Arxentina). Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española e arxentina. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous que foron criados por María Novo García, curmán de Foucellas: Benigno e Carmen que vivían en Ru, Vilasantar.[3] Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa, en Oza-Cesuras nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas medía 1,67 metros de estatura, tiña o pelo negro, ollos castiñeiro, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Segundo descrición da Garda Civil.
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[4]. Foi condeado en consello de guerra sumarísimo a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de Franco, Carmen Franco. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".
Traxectoria
Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería[5], trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada. En 1934 foi vivir a Curtis coa súa nai e traballar na madereira Torres de Curtis en xullo de 1936.
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en Bodeus, nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, en 1934 dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel López Bello, en Curtis. Días despois Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo a cabalo. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación[2], da que foi o principal combatente. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en Valladolid, a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.[6] Con 16 anos trala morte da súa avoa exilouse en París.
Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar da Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.
Foi levado ao cuartel da Garda Civil en Betanzos. Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.O Foucellas[7]
A muller de Foucellas foi separada dos seus fillos, morreu nun hospital de Valladolid. A súa filla quedou a cargo dunha avoa pobre que non se podía facer cargo do fillo o cal tivo que ir vivir con outro familiar. Pepiña con 12 anos facía traballos de costura polas casas cobrando 10 pesetas e a comida. Trala morte da súa avoa en 1957 marchou a Francia con 6.000 pesetas deixadas por un tío seu. Non volvería a Galiza ata 32 anos despois.[8] Está casada e vive en Alacant.
A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.
A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do Museo Militar Rexional da Coruña, onde se expón o seu fusil.
Galería de imaxes
Notas
- ↑ "Memoria viva de Foucellas".
- ↑ 2,0 2,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166
- ↑ "Memorial democrático [ANDRADE]".
- ↑ Redondo Abal, F. X. (2006): Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
- ↑ "Homenaje al mito guerrillero". El País (en castelán). 23 de outubro de 2008.
- ↑ Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos". Consultado o 29 de xullo de 2013.
- ↑ "Acto en Ordes recordando a Ponte y a Foucellas".
Véxase tamén
Bibliografía
- Astray Rivas, M. (1992): Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-584-3
- Lamela, L. (1993): Foucellas - El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952). A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-608-4
- Máiz, B. (1988): Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Ed. Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Pereira, D. e Fernández, E. (2004): O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. P. 27-28.
- Pons Prades, E. (1977): Guerrillas españolas (1936-1960). Barcelona, Ed. Planeta. ISBN 84-320-5634-0
- Redondo Abal, F. X. (2006): Botarse ao monte. Censo de guerrilleros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro. Serie Documentos. ISBN 84-8485-231-8
Outros artigos
Ligazóns externas
- Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos Paisajes de la gurerilla
- Biografía
- O Foucellas, guerrilleiro e mito popular
- Artigo de Vieros do Domingo, 16 de setembro de 2007
- Testemuñas de persoas que o coñeceron
- Rescatar a memoria da guerrilla (Vídeo). Parte 1ª e 2ª
- Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos
- A la memoria de Benigno Andrade García "Foucellas" (varias autoras), 51'45"