Avelino Otero Montes
Avelino Otero Montes | |
---|---|
Alcume | Avelino |
Nacemento | 1919 |
Vigo | |
Falecemento | 21 de maio de 1947 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Avelino Otero Montes, Avelino, nado en Lavadores en 1919 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornaleiro e militante do PCE. Afiliado ao Ateneo comunista de Cabral. O seu irmán José foi paseado en 1936. Mobilizado en 1937, logrou pasarse ao bando leal. Foi detido en Valencia o 31 de marzo de 1939 e condenado a prisión. Pasou por varios campos de concentración e finalmente foi obrigado a incorporarse a un Rexemento de gornición en Zaragoza. Saíu en liberdade vixiada en abril de 1942. Reclamado novamente, decidiu botarse ao monte e integrouse na guerrilla de José García Morales en 1943. En 1946 pasou ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, converténdose no seu secretario político. Foi acusado con Manuel Simón Campos da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947.[1] Morreu o 21 de maio de 1947 xunto con Manuel Simón Campos nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-4-1947, p. 4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 103. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Avelino Otero Montes na páxina web Nomes e Voces.