Adolfo Allegue Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Riqueche»)
Infotaula de personaAdolfo Allegue Allegue
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Grandal, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Pazos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Adolfo Cipriano Allegue Allegue, coñecido como Riqueche, nado en Grandal (Vilarmaior) o 19 de febreiro de 1919 e finado en Monfero o 31 de outubro 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu como carpinteiro en Vilarmaior. Pasou polo cárcere (1941-1943). En 1946 ingresou no Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Carlos Allegue Caruncho, Antonio Tenreiro Leira e Jesús Calvo García.[1] En 1948 botouse ao monte e liderou o destacamento Arturo Cortizas pertencente á IV Agrupación Guerrilleira que actuaba na época no norte da provincia da Coruña. En 1949 o destacamento trasladouse aos concellos de Vilarmaior, Pontedeume e Monfero. Foi reclamado polo xuíz militar de Ferrol en setembro de 1949 encartado na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31 de maio dese ano xunto con Francisco Paz Fornos e Francisco Martínez Leira.[2] Morreu cos seus compañeiros Antonio López Arias, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro, nun enfrontamento coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) o 31 de outubro de 1949.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 22-9-1948, p. 2154.
  2. BOE, 2-9-1949, p. 1863.
  3. La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
  4. "Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]