Consuelo Rodríguez López
Consuelo Rodríguez López | |
---|---|
Nome completo | Consuelo Rodríguez López |
Alcume | Chelo |
Nacemento | 19 de outubro de 1919 |
Soulecín | |
Falecemento | 18 de xullo de 2019 |
Ré | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Consuelo Rodríguez López, coñecida na guerrilla como Chelo, nada en Soulecín (Santigoso, O Barco de Valdeorras) o 19 de outubro de 1919[1] e finada na Illa de Ré o 18 de xullo de 2019,[2] foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada no seo dunha familia acomodada grazas aos recursos que lograra o pai en Cuba. Porén, a guerra civil española deulle un xiro á súa vida a causa da cruel represión que se desatou en contra da súa familia; foi por isto polo que se uniu aos do monte e se converteu na guerrilleira Chelo; tiña 17 anos, e a súa mentalidade de esquerdas nacera das manifestacións da República.
Actuou de enlace da Federación de Guerrillas de León-Galicia e pasou varias veces polo cárcere. Seu pai, Domingo Rodríguez, e súa nai, Alicia López, foran fusilados en outubro de 1939[3] e perdeu catro irmáns (entre eles Antonia Rodríguez) e o seu compañeiro Arcadio Ríos na guerrilla. Residiu en Francia, a onde logrou escapar en 1949.
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
En 2004 o Concello do Barco de Valdeorras colocou unha placa en Soulecín en memoria de seus pais. En 2019 foi recoñecido o seu labor co Premio Mártires da Liberdade, convocado pola Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro en Carral.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sergio Peñamaría de Llano, un alcalde franquista con rúa na Coruña", en Praza Pública, 4 de abril de 2018.
- ↑ Morre no exilio francés a guerrilleira de Soulecín Chelo Rodríguez
- ↑ "Muere Chelo, la última guerrillera antifranquista de Galicia" (en castelán). 23 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019.
- ↑ Marco, Aurora (11 de setembro de 2019). "A traxectoria e as viaxes da guerrilleira Consuelo Rodríguez López". Consultado o 20 de setembro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. Brión: Laiovento. ISBN 978-84-8487-211-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.