Arturo López Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo López Delgado
AlcumeArturín
Nacementovalor descoñecido
 Correxais
Falecemento6 de agosto de 1942
 Correxais
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Arturo López Delgado, Arturín, nado en Correxais (Vilamartín de Valdeorras) e finado o 6 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mineiro e militante da CNT, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi membro da guerrilla liderada por Serafín Fernández Ramón, Santeiro. En xullo de 1940 formou parte dun grupo de guerrilleiros que estaban reunidos nas montañas de Casaio para pasar a Portugal. Regresou de Portugal en 1941 e instalouse en Casaio con Domingo Rodríguez, Mario Morán García, Manuel Monteserín e Arcadio Ríos Rodríguez.

Despois da fundación da Federación de Guerrillas de León-Galicia, foi nomeado xefe dunha unidade que loitou na bisbarra de Valdeorras. O 6 de agosto de 1942 morreu nun enfrontamento coa Garda civil preto da súa aldea natal, con Ovidio González Vázquez O Pollon, Ildefonso Fernández Seoane Coñeira e Manuel Monteserín Gerardo. O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Outro membro do grupo, Roberto López Rodríguez Pajarito, logrou fuxir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]