Manuel García Rodríguez
Manuel García Rodríguez | |
---|---|
Alcume | Porco |
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Langullo |
Falecemento | 3 de setembro de 1959 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel García Rodríguez, Porco, nado en Langullo (parroquia de Cesuris, Manzaneda) e finado en Ourense o 3 de setembro de 1959, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No monte dende xullo de 1936, pertenceu ao grupo de Mario de Langullo. De carácter violento, fixo honra aos alcumes de Verdugo e Sarxento, foi o autor do asasinato do cura de Cesuris e de numerosos atracos. Mario de Langullo acabou por expulsalo do grupo. Agochado dende 1945 na casa de Gumersinda Rodríguez en Placín, foi denunciado pola muller que o albergaba e arrestado o 7 de novembro de 1958 en Pena Folenche (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en consello de guerra, foi condenado a garrote vil e executado na cadea da cidade o 3 de setembro de 1959.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domínguez González, Xosé (1992). Mario de Langullo. O último fuxido. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.