Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Guerra civil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A cidade de Gernika devastada pola aviación fascista en 1937 durante a guerra civil española.

Guerra civil é a denominación usada para calquera enfrontamento bélico onde os participantes están xeralmente formados por dous ou máis eixos políticos contrarios xerados dentro dun mesmo país. O termo é un calco do latín bellum civile que se usou para referirse ás distintas guerras civís da República romana no século I a.C. A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, pobo ou comunidade) defendendo, usualmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos. Nalgúns casos o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio; aínda que entón non sempre se consideran «guerras civís» (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización).

Neste tipo de conflagración, prodúcese ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, á parte, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.

No século XIX, África foi escenario de numerosas guerras civís en moitos dos seus países debido xeralmente a loitas polo poder das etnias máis importantes de cada país, chamadas «guerras esquecidas», debido a que son coñecidas polo público só cando hai un xenocidio ou un gran masacre de persoas.

Características[editar | editar a fonte]

M1A1 abrams front.jpg

A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, etnia ou comunidade) defendendo, xeralmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos.

Nalgúns casos, o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio, aínda que nestes casos non sempre se consideran como "guerras civís" (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización). Nesta conflagración, chega ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, mesmo, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.

Clasificación formal[editar | editar a fonte]

James Fearon, estudoso das guerras civís na Universidade Stanford define unha guerra civil como "un conflito violento nun país no que loitan grupos organizados que pretenden tomar o poder central ou dunha rexión ou cambiar políticas gobernamentais".[1] Ann Hironaka especifica ademais que unha banda da guerra civil é o estado.[2] A intensidade na que un disturbio civil se converte nunha guerra civil é discutido polos estudosos. Algúns científicos políticos definen guerra civil se hai máis de 1000 vítimas,[1] mentres que outros especifican que polo menos ten que haber 100 por cada bando.[3] Correlates of War, conxunto de datos empregados polos que estudan os conflitos, clasifica as guerras civís cando hai máis de mil vítimas relacionadas coa guerra cada ano do conflito. Este número é unha fracción pequena dos millóns que faleceron na segunda guerra civil sudanesa ou na guerra civil de Camboxa, por exemplo, mais exclúe conflitos moi coñecidos como os de Irlanda do Norte e a loita do Congreso Nacional Africano durante o Apartheid en Suráfrica.[2]

Baseando no criterio de 1000 vítimas por ano, houbo 213 guerras civís entre 1816 e 1997, 104 das cales entre 1944 e 1997.[2] Se se usa o criterio de 1000 vítimas totais houbo 90 guerras civís entre 1945 e 2007, con 20 en 2007.[1]

As convencións de Xenebra non definen especificamente o vocábulo "guerra civil", mais delimitan as responsabilidades das partes nun "conflito armado de carácter non internacional", o que inclúe as guerras civís.

Tanques nas rúas de Adís Abeba durante a guerra civil de Etiopía (1991)

Con todo, o comité internacional da Cruz Vermella tratou de aclarar o concepto cos seus comentarios sobre a convención de Xenebra, indicando que as convencións son "tan xerais, tan vagas, que moitas das delegacións temían que podían tomarse para cubrir calquera acto cometido pola forza das armas". Entón, os comentarios proporcionan diferentes condicións das que dependerían as convencións de Xenebra, aínda que o comentario sinala que non debería ser interpretado como condicións ríxidas. Estas condicións listadas pola ICRC son:[4][5]

(1) Que a parte en rebeldía contra o goberno de iure posúa unha forza militar organizada, unha autoridade responsable polos seus actos, que actúa nun determinado territorio e que ten os medios de respectar e asegurar respecto pla Convención.

(2) Que o goberno legal estea obrigado a dar recursos á forza militar regular contra os insurxentes organizados como exército e en posesión dunha parte do territorio nacional.

(3) (a) Que o goberno de iure recoñecese os insurxentes como belixerantes; ou (b) Que se dean a eles mesmos os dereitos como belixerantes; ou (c) Que se trate os insurxentes co recoñecemento como belixerantes para o propósito só da presente Convención; ou (d) Que a disputa fose admitida na axenda do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral das Nacións Unidas como parte dunha ameaza á paz internacional, unha violación da paz ou un acto de agresión.

(4) (a) Que os insurxentes teñan unha organización con propósito de ter as características dun Estado. (b) Que a autoridade civil insurxente exercite autoridade de facto sobre a poboación nunha porción determinada do territorio nacional. (c) Que as forzas armadas actúan baixo a dirección dunha autoridade organizada e estean preparadas para observar as leis ordinarias da guerra. (d) Que a autoridade civil insurxente acorde estar rexida polas cláusulas da Convención.

Guerras civís destacadas[editar | editar a fonte]

Século IV[editar | editar a fonte]

  • Guerra civil da Tetrarquía Romana (306-324): unha das máis grandes e importantes das guerras civís romanas que tivo lugar durante o período da Tetrarquía romana, época na que o Imperio romano dividiuse en catro territorios rexidos por catro emperadores, que loitaron entre si polo dominio do territorio do imperio. Finalmente na decisiva batalla de Adrianópolis o emperador Constantino o Grande logrou reunificar o imperio baixo o seu mandato, evento decisivo para a eventual expansión do cristianismo no mundo occidental

Do século V ao século XV[editar | editar a fonte]

Batalla campal da guerra de Ōnin, xilografía de Utagawa Yoshitora

Do século XVI ao século XVIII[editar | editar a fonte]

Século XIX[editar | editar a fonte]

A "batalla de Dranesville" durante a guerra civil estadounidense.
As Montoneras de Nicolás de Piérola Villena entrando en Lima pola Porta de Cocharcas (17 de marzo de 1895). Óleo de Juan Lepiani.

Século XX[editar | editar a fonte]

De 1900 a 1950[editar | editar a fonte]

Artillería alemá en Malmi, Helsinqui durante a "Batalla de Helsinqui" o 12 de abril de 1918, durante a guerra civil finlandesa.
Milicianas republicanas durante o asedio o Alcázar de Toledo durante a guerra civil española.
  • Guerra civil española (1936-1939). Foi o enfrontamento entre os partidarios da República Española contra os militares sublevados baixo o mando do xeneral Francisco Franco e os seus partidarios. Entre os seus principais membros, as forzas republicanas contaban con membros socialistas do PSOE e UXT, marxistas- leninistas do PCE e trotskistas do POUM, do mesmo xeito que organizacións anarquistas representadas pola CNT e FAI. As forzas do bando nacional contaban coa adhesión da Falanxe Española, cedistas, carlistas e monárquicos. A guerra tivo múltiples facetas pois incluíu loita de clases, guerra de relixión, enfrontamento de nacionalismos opostos, loita entre ditadura militar e democracia republicana, entre revolución e contrarrevolución e, finalmente, entre fascismo e comunismo. Co apoio da Italia de Mussolini e a Alemaña de Hitler, os sublevados derrotaron nunha cruenta guerra aos seus opoñentes, entre os que se inclúen aos brigadistas de máis de 50 países que foron a España a axudar á República. A vitoria de Franco resultaría nunha ditadura que duraría ata a morte deste en 1975.
  • Guerra civil grega (1946-1949). Conflito residual da segunda guerra mundial, no cal guerrilleiros comunistas (apoiados pola URSS) combateron ás forzas da monarquía (apoiada polos Estados Unidos), co fin de implantar un sistema socialista en Grecia.[11]
  • La Violencia (1946-1958). Colombia. Conxunto de enfrontamentos violentos illados e sistemáticos entre guerrillas, bandas armadas e faccións militares entre os partidarios dos partidos Conservador e Liberal en distintos estratos do país.[12]
  • Revolución dos "pynandí" (1947). Enfrontamento entre a disidencia aliada paraguaia (Partido Liberal Radical Auténtico, Partido Comunista Paraguaio, e o Partido Revolucionario Febrerista) contra o goberno de Higinio Morínigo, baixo o Partido Colorado. Guerra civil paraguaia ocorrida no ano 1947, denominada a Revolución dos "pynandi" (en guaraní, pés descalzos). Faleceron aproximadamente 30.000 paraguaios entre civís e militares.
  • Primeira guerra civil de Palestina (1947-1948). Enfrontamento entre os habitantes xudeus e musulmáns da colonia británica de Palestina ante a pronta descolonización do país, e a pretensión inglesa de dividilo en dous estados separados. Trouxo como consecuencia a Declaración de independencia de Israel e a consecuente invasión árabe de devandito país (coñecidas entre ambas como a primeira guerra árabe-israelí).
  • Guerra civil de Costa Rica (1948). Tras a anulación das eleccións por parte do Congreso, as cales foron gañadas por Otilio Ulate Blanco ao oficialista e expresidente Rafael Ángel Calderón Guardia, o líder ramonense José Figueres Ferrer liderou unha exitosa revolución con axuda da Lexión Caribe.
  • Guerra civil de Birmania (1948-actualidade). Secuencia de enfrontamentos armados internos nas distintas rexións de Birmania (actual Myanmar) que tiveron lugar desde o momento da súa independencia do Reino Unido en 1948 por razóns de independentismo étnico e polarización ideolóxica (principalmente por parte de rebeldes comunistas), pero que tivo a súa maior intensificación desde o golpe de estado que en 1988 que impuxo a ditadura da xunta militar que na práctica mantivo o control do país ata 2016, e que foi unha das tiranías máis opresivas do sueste de Asia. Entre os seus episodios máis violentos e recentes estiveron os Disturbios no estado de akhine de 2012 e a rebelión na provincia de Kachin.

De 1950 a 2000[editar | editar a fonte]

Un soldado durante a guerra civil de Rodesia interroga a aldeáns, preto da fronteira con Botswana, a fins de 1977 a punta de pistola.
Combatentes palestinos de Fatah en Beirut en 1979
Protestas en Chicago pola intervención estadounidense no Salvador (1989).
Soldados iugoslavos en Saraxevo chanceando cun neno con uniforme do seu exército.

Século XXI[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 James Fearon, "Iraq's Civil War" Arquivado 17 de marzo de 2007 en Wayback Machine. en Foreign Affairs, Marzo/Abril 2007
  2. 2,0 2,1 2,2 Ann Hironaka, Neverending Wars: The International Community, Weak States, and the Perpetuation of Civil War, Harvard University Press: Cambridge, Mass., 2005, p. 3, ISBN 0-674-01532-0
  3. Edward Wong, "A Matter of Definition: What Makes a Civil War, and Who Declares It So?" New York Times November 26, 2006
  4. Final Record of the Diplomatic Conference of Geneva of 1949, (Volume II-B, p. 121)
  5. Véxase tamén: Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella commentary sobre a Terceira Convención de Xenebra de 1949, Artigo III, Sección "A. Casos de conflito armado".
  6. Domingo Irwin G. & Ingrid Micett (2008). Caudillos, Militares y Poder: Una Historia Del Pretorianismo en Venezuela. Caracas: Universidade Católica Andrés Bello. ISBN 978-980-244-561-5. Consultado o 28 de febreiro do 2021. 
  7. "La Revolución mexicana". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2011. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  8. "Causas Y Consecuencias De La Guerra Cristera" (en castelán). 24 de novembro do 2013. Consultado o 1 de marzo do 2021. 
  9. Gay, Kathlyn. [2008] (2008). 21st Century Books. Mao Zedong's China. ISBN 0-8225-7285-0. pg 7
  10. Hilton, Stanley (1982). A Guerra Civil Brasileira. Rio de Xaneiro: Nova Fronteira. 
  11. "Global security - Greek Civil War" (en inglés). Consultado o 1 de marzo do 2021. 
  12. "Historia de Colombia". bibliotecanacional.gov.co. Capitulo 11: La Violencia. Colombia. p. Biblioteca Nacional. Consultado o 13 de mayo de 2020. 
  13. Carlos Ramírez Olivares (2005). "50 aniversario del movimiento revolucionario 26 de julio". Librínsula. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2 de marzo do 2021. 
  14. Laos
  15. "En Guatemala ¡Sí hubo Genocidio!". elPeriódico. 29 de setembro de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  16. "CIDOB - Conflicto en Colombia: antecedentes históricos y actores". CIDOB. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  17. "Invasión a República Dominicana" (en castelán). EcuRed. Consultado o 3 de marzo do 2021. 
  18. Freixa, Omer (30 de maio de 2017). "La primera guerra viral en África: Biafra". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 3 de marzo do 2021. 
  19. Sarah Streed (2002). Leaving the house of ghosts: Cambodian refugees in the American Midwest. McFarland. p. 10. ISBN 0-7864-1354-9. 
  20. Melaugh, Martin; Lynn, Brendan. "Glossary of Terms on Northern Ireland Conflict". Conflict Archive on the Internet. Ulster University. The term 'the Troubles' is a euphemism used by people in Ireland for the present conflict. The term has been used before to describe other periods of Irish history. On the CAIN web site the terms 'Northern Ireland conflict' and 'the Troubles', are used interchangeably. 
  21. McEvoy, Joanne (2008). The politics of Northern Ireland. Edinburgh: Edinburgh University Press. p. 1. ISBN 978-0-7486-2501-7. OCLC 232570935. The Northern Ireland conflict, known locally as 'the Troubles', endured for three decades and claimed the lives of more than 3,500 people. 
  22. McKittrick, David; McVea, David (2001). Making Sense of the Troubles: A History of the Northern Ireland Conflict (Rev ed.). Penguin Books. ISBN 9780141003054. 
  23. Gillespie, Gordon (2009). The A to Z of the Northern Ireland Conflict. Scarecrow Press. ISBN 9780810870451. 
  24. Edwards, Aaron; McGrattan, Cillian (2012). The Northern Ireland Conflict: A Beginner's Guide. Oneworld Publications. ISBN 9781780741710. 
  25. Mark Dummett (16 de decembro do 2011). "Bangladesh war: The article that changed history". BBC News (en inglés). Consultado o 3 de marzo do 2021. 
  26. De Waal, Alexander (1991). Evil Days: Thirty Years of War and Famine in Ethiopia. Human Rights Watch. p. 82. ISBN 9781564320384. 
  27. Laura Etheredge (15 de xaneiro de 2011). Syria, Lebanon, and Jordan. The Rosen Publishing Group. p. 151. ISBN 978-1-61530-329-8. Consultado o 4 de marzo do 20211. 
  28. Nelson Mezquida. "Angola: La muerte de Jonas Savimbi". La Fogata digital. 
  29. derechoshumanos.net (ed.). "INFORME "DE LA LOCURA A LA ESPERANZA: LA GUERRA DE 12 AÑOS EN EL SALVADOR" (COMISIÓN DE LA VERDAD PARA EL SALVADOR)". Consultado o 5 de marzo do 2021. 
  30. "Yoweri Museveni". CIDOB. Consultado o 9 de marzo do 2021. 
  31. Tigres Tamil en Sri Lanka
  32. Gettleman, Jeffrey (2007-04-27). "In Somalia, Those Who Feed Off Anarchy Fuel It". The New York Times. Consultado o 16 de marzo do 2021. 
  33. Global security - Liberia - First Civil War - 1989-1996
  34. "Rwanda profile" (en inglés). BBC News. 17 de setembro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  35. Sierra Leone Civil War. Global Security.
  36. "Yugoslavia muere al reconocer la CE a Croacia y Eslovenia". El País (en castelán). 16 de xaneiro de 1991. Consultado o 30 de marzo do 2021. 
  37. "History of Nations - History of Yemen". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2011. 
  38. The Battle(s) of Grozny
  39. "Russian Army Operations and Weaponry During Second Military Campaign in Chechnya" (3/2002). Centre for Analysis of Strategies and Technologies. 
  40. Arquivo do Xenocidio de Ruanda
  41. "Who are Nigeria's BokHaramo Islamists?". BBC News (en inglés). 24 de novembro do 2016. Consultado o 23 de abril do 2021. 
  42. "Perú protesta a la CIDH por ceder su foro a un simpatizantes de Sendero Luminoso". www.efe.com (en castelán). Consultado o 3 de maio do 2021. 
  43. BBC: Chad in 'state of war' with Sudan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ali, Taisier Mohamed Ahmed and Robert O. Matthews, eds. Civil Wars in Africa: roots and resolution (1999), 322 páxinas
  • Mats Berdal and David M. Malone, Greed and Grievance: Economic Agendas in Civil Wars (Lynne Rienner, 2000).
  • Paul Collier, Breaking the Conflict Trap: civil war and development policy World Bank (2003) – 320 páxinas
  • Collier, Paul; Sambanis, Nicholas, eds. (2005). Understanding Civil War:Evidence and Analysis. 1: Africa. Washington, DC: The World Bank. ISBN 978-0-8213-6047-7. 
  • Collier, Paul; Sambanis, Nicholas, eds. (2005). Understanding Civil War:Evidence and Analysis. 2: Europe, Central Asia, and Other Regions. Washington, DC: The World Bank. ISBN 978-0-8213-6049-1. 
  • Stathis Kalyvas, "'New' and 'Old' Civil Wars: A Valid Distinction?" World Politics 54, no. 1 (2001): 99–118.
  • David Lake and Donald Rothchild, eds. The International Spread of Ethnic Conflict: Fear, Diffusion, and Escalation (Princeton University Press, 1996).
  • Roy Licklider, "The Consequences of Negotiated Settlements in Civil Wars, 1945–1993," American Political Science Review 89, no. 3 (verán 1995): pp 681–690.
  • Andrew Mack, "Civil War: Academic Research and the Policy Community," Journal of Peace Research 39, no. 5 (2002): pp. 515–525.
  • David T. Mason and Patrick 3. Fett, "How Civil Wars End: A Rational Choice Approach," Journal of Conflict Resolution 40, no. 4 (outono 1996): 546-568.
  • Patrick M. Regan. Civil Wars and Foreign Powers: Outside Intervention in Intrastate Conflict (2000) 172 páxinas
  • Stephen John and others., eds. Ending Civil Wars: The Implementation of Peace Agreements (2002), 729 páxinas
  • Monica Duffy Toft, The Geography of Ethnic Violence: Identity, Interests, and the Indivisibility of Territory (Princeton NJ: Princeton University Press, 2003).
  • Barbara F. Walter, Committing to Peace: The Successful Settlement of Civil Wars (Princeton University Press, 2002),

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]