Manuel Álvarez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Álvarez Arias
 Casaio
Falecemento12 de xuño de 1943
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Manuel Álvarez Arias, coñecido como Bailarín, nado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) e finado en Ourense o 12 de xuño de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, no outono botouse ao monte e formou un grupo de guerrilleiros que tiña a súa base na Serra do Eixe. O 10 de xuño de 1937 asasinou unha muller de Casaio logo de facer unha denuncia na súa contra.[1] Tras a desfeita da fronte norte en 1937 o seu grupo reforzou a súa posición coa chegada de antigos combatentes desa fronte, chegando á trintena de membros. Contrario a calquera tipo de organización, tivo enfrontamentos cos asturianos (Marcelino Fernández Villanueva) e os leoneses (Manuel Girón Bazán, Marcelino de la Parra Casas). Mantiña contactos coa oposición portuguesa e utilizaba a fronteira dese país como refuxio. O 2 de agosto de 1940 entregouse no Barco de Valdeorras á Garda Civil, comprometeuse a denunciar os seus antigos compañeiros a cambio da súa liberdade. Pero non chegou a delatalos e foi encarcerado polas autoridades. Foi xulgado e executado no cárcere de Ourense o 12 de xuño de 1943.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado
  2. Bernardo Máiz, no libro citado, afirma na páxina 165 que foi fusilado o 2 de agosto de 1940.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]