Manuel Álvarez Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Álvarez Silva
Nacemento1905
Lugar de nacementoOurense
Falecemento18 de novembro de 1946
Lugar de falecementoBarbadás
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Manuel Álvarez Silva, coñecido por Silva, nado en Ourense en 1905[1] e finado en Barbadás o 18 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Ourense, era militante do Partido Comunista de España nesa cidade e ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte formando un grupo guerrilleiro que actuaba na zona entre Ourense e Ribadavia e que tiña tamén a misión de enlazar coa dirección comunista localizada en Vigo. Unha vez rematada a guerra encadrouse na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia e participou en boa parte das accións contra falanxistas na provincia de Ourense. O 16 de agosto de 1946 o seu grupo abateu o garda civil Leonardo González Cabra nun enfrontamento. Morreu o 18 de novembro de 1946[1] en Bentraces (Barbadás), na estrada Ourense-Celanova, xunto con outro guerrilleiro de nacionalidade portuguesa, no decurso dunha emboscada da Garda Civil; un terceiro guerrilleiro, ferido, logrou fuxir.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx.166

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]